Inicio Noticias Xerais XANTAR NA CANTINA DE PRADOS VELLOS
 
 

XANTAR NA CANTINA DE PRADOS VELLOS

AQUEL NUMANCIA CAMPIÓN DO 82/83

35 anos despois teremos a oportunidade de lembrar aquela histórica temporada 1982 – 83 na que o Numancia se proclamou campión de Liga da 2ª Rexional, co conseguinte ascenso á 1ª Rexional, así como tamén campión de Copa.

Ares, 4 de maio de 2018.

Para celebrar a conquista deses títulos, e por iniciativa de Manel Pérez, organízase un xantar o sábado 2 de xuño, na cantina de Prados Vellos, estando aberta a participación non só aos gloriosos xogadores dese equipo campión, senón tamén a calquera afeccionado, directivo ou ex-directivo que queira reencontrarse con todos eles. 

Como anécdota hai que recordar que durante a primeira volta da liga o Numancia xogou todos os partidos coma visitante, ao non dispoñer do actual campo de Prados Vellos ata a segunda volta. Por tanto, tamén Prados Vellos celebra o seu 35º aniversario.

 ADR Numancia de Ares. Comida 35 Aniversasrio de Doblete temporada 82/83

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.