Inicio Noticias Xerais PREVIA DA XORNADA DO 29 DE ABRIL DE 2018
 
 

PREVIA DA XORNADA DO 29 DE ABRIL DE 2018

VOLVEMOS A NOSA CASA, XOGAMOS EN PRADOS VELLOS

¡¡¡Por fin¡¡¡ Os equipos do Numancia poderán volver a xogar os partidos como locais en Prados Vellos, xa que a obra de muro conta con protección. Os infantís, por dúas veces e os modestos serán os encargados de recuperar o fútbol - 11 en Ares.



MODESTOS: O domingo ás 17:00 reciben en Prados Vellos ao Rápido de Neda. Despois de tres derrotas consecutivas, a última deixando boa imaxe ante o líder en Narón; o primeiro equipo volve a Prados Vellos para xogar o último partido de Liga no noso campo. Son sextos, e reciben ao Neda, quinto clasificado nesta penúltima xornada da Liga. Partido clave na loita pola quinta posición. Prados Vellos ten que ser unha festa este domingo para despedir a Segunda Galicia na nosa casa.

XUVENÍS: O sábado as 17:40 visitan o Misael Prieto para medirse ao Meirás CF. Penúltima xornada para uns rapaces que parecen ter asegurada a séptima plaza e que buscarán a vitoria nun dos campos mais emblemáticos da bisbarra ante un bo rival.

CADETES: O sábado as 16:00 visitan tamén o Misael Prieto para medirse ao Meirás CF. Chegan os rapaces a penúltima xornada como terceiros clasificados, a un punto dos líderes, Miño e Perlío. Os cadetes buscarán vencer os dous últimos partidos de Liga e agardar un pequeno erro dos dous equipos de cabeza. Os tres equipos teñen partidos compricados este sábado, polo que todo é posible.

INFANTÍS: Teñen doble xornada, xa que o xoves as 18:30 en Prados Vellos reciben ao Eume Deporivo de Xelo no partido aprazado da pasada xornada. Ademais, o sábado as 17:00 xogan tamén en Ares ante o Galicia de Caranza "B.

FÚTBOL - 8: O venres as 18:00 temos un partido en Prados Vellos (campo das bancadas), no que os prebenxamíns reciben a todo un Racing de Ferrol. Tamén o venres, pero a domicilio xogan os benxamíns as 17:00 en Pontedeume e o alevín "A" as 17:45 en As Pontes. Para o sábado as 10:45 queda o derbi entre o Galicia de Mugardos e o noso alevín "B" no campo de A Pedreira

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.