Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 22 DE ABRIL DE 2018
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 22 DE ABRIL DE 2018

BOA XORNADA NA BASE

Xornada incompleta, debido a que os infantís aprazaron o seu partido por mor das obras. Unhas obras que obrigaron aos cadetes a xogar como locais en Maniños. Analizamos o que deu de si a pasada fin de semana para os nosos equipos:


MODESTOS: Bo partido do noso primeiro equipo ante o líder, o CD Narón no campo de O Cadaval. A pesar de acudir soamente con 13 xogadores, os modestos fixeron un partido moi serio ante o que se presume como campión de Liga. Dous goles na segunda metade déronlle a vitoria aos locais, algo que non empañou a boa imaxe do noso equipo.

XUVENÍS: Gran partido dos rapaces ante o G. Caranza "B" en terras ferrolás. Os xuvenís, xa vencian por 0-3 ao descanso, despois dunha excelente primeira metade. Tres puntos para consolidar unha séptima praza que parece será definitiva, aínda que restan dúas xornadas por disputarse.

CADETES: Enorme esforzo dos cadetes ante o Ortigueira nunha tarde moi calurosa no campo de O Pote de Maniños. Despois dunha primeira parte igualada, os de Ortegal adiántabanse no marcador. O espíritu numantino inundaba ó campo, e os rapacea conseguían unha remontada que lles daba tres puntos vitais para seguir metidos de cheo na loita polo título de Liga.

INFANTÍS: O partido previsto para o pasado sábado ante o Eume Deportivo, foi aprazado por mor das obras do campo. Xogarase este xoves as 18:30 en Prados Vellos.

FÚTBOL - 8: O alevín "A" derrotaba en Sinde ao SD O Val "B" nun bonito partido. O alevín "A" desfacíase con comodidade do CD Narón en Prados Vellos. Os benxamíns conseguían una meritoria vitoria en Ares ante o CD As Pontes. Os prebenxamíns, non podían puntuar na sua longa e tediosa viaxe a Cedeira na calurosa tarde do venres.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.