PREVIA DA XORNADA DO 22 DE ABRIL DE 2018

SEGUIMOS MANS Á OBRA. GRACIAS CULTURAL MANIÑOS

Días compricados para programar os partidos dos nosos equipos. As obras en Prados Vellos están a dificultar a labor de todos, pero con paciencia e coa axuda inestimable do Cultural Maniños imos indo cara adiante. Isto é o que nos agarda esta fin de semana

 


MODESTOS: O domingo ás 17:00 xogan no campo de O Cadaval (Piñeiros) ante o CD Narón. Visitan os nosos ao líder, coa idea de recuperarse das dúas úlimas derrotas e vender cara a sua pel ante un conxunto que quere dar un paso mais cara o título de Liga. Quedan tres xornadas, nas que o Numancia buscará finalizar a competición entre os cinco primeiros clasificados e coller moral para á Copa.

XUVENÍS: O domingo ás 12:00 xogan ante o Galicia de Caranza "B" en terras ferrolás. O equipo xuvenil, logo de non poder xogar a pasada semana por mor das obras no campo, atópase con forzas para disputar os últimos tres partidos de Liga e afronta un partido decisivo para asegurar a séptima plaza da competición.

CADETES: O sábado as 18:15 no campo de O POTE de MANIÑOS xogan como locais ante o Ortigueira CF. Despois de vencer a semana pasada nun duelo directo en Perlío, este sábado teñen que xogar no exilio ante un rival duro. Restan tres xornadas nas que Miño, Perlío e Numancia loitarán polo título de Liga.

INFANTÍS: O partido previsto para este sábado ante o Eume Deportivo, queda aprazado para o xoves 26 as 18:00 en Prados Vellos. Agardemos que ese día, a protección do muro de contención sexa unha realidade e que pon fin volvamos ter un partido de fútbol - 11 en Ares.

FÚTBOL - 8: O venres temos dous partidos en Prados Vellos (campo das bancadas). ás 17:30 xoga o alevín "B" ante o CD Narón. Posteriormente,ás 18:30 o benxamín recibe ao CD As Pontes. Tamén o venres, pero a domicilio xoga o alevín "A" ás 17:30 en Sinde ante a SD O Val "B" e o equipo prebenxamín no campo de O Beco de Cedeira a partir das 18:00.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

"Na adversidade, saen á luz ás virtudes"

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.