Inicio Noticias Xerais REPARACIÓN DO MURO DO CAMPO DE FÚTBOL
 
 

REPARACIÓN DO MURO DO CAMPO DE FÚTBOL

NON HAI FÚTBOL - 11 ESTA FIN DE SEMANA EN PRADOS VELLOS

Esta semana comezaron, por fin, as obras de reparación do muro no campo de fútbol municipal de Prados Vellos. E, aínda que nun principio, os traballos de construción ...

 

Ares, 12 de abril de 2018.

ADR Numancia de Ares. Obras de reparación del muro de Prados Vellos...dun novo muro non ían impedir a utilización do campo de fútbol, hoxe comprobamos que o desmonte realizado polos obreiros chegaba xusto ata o límite do terreo de xogo, eliminando a beirarrúa que o rodeaba e deixando á vista un desnivel no que podería haber algún derrubamento. Consultados os responsábeis municipais e tras a valoración do xefe de seguridade da obra, a decisión final non podía ser outra que non correr riscos e buscar outras solucións para a disputa dos partidos de F-11 previstos para esta fin de semana. 

Polo que respecta aos partidos de F-8 sinalados para mañá, venres, non existe ningún problema, xa que se celebrarán no campo situado na zona das bancadas, espazo non afectado polas obras.

En canto aos partidos de F-11, valorouse que os modestos, por motivos de traballo e estudos, deberían xogar a fin de semana, mentres que no caso dos xuvenís sería máis factible buscar un día de semana. A chamada ao club veciño do Maniños solicitando o seu campo foi atendida rapidamente polos seus dirixentes, ofrecendo de maneira xenerosa a súa colaboración, xesto meritorio e que o Numancia debe saber valorar na súa medida. En canto aos xuvenís, hai que resaltar a comprensión do Perlío, ofrecendo toda a súa disposición para buscar unha data na que celebrar o partido.

Sabemos que é nas ocasións máis desfavorables cando se necesitan os amigos, e, no día de hoxe, comprobamos que realmente estamos ben acompañados nesta navegación. Vaian os nosos agradecementos a todos os implicados: Maniños, Perlío, Barallobre e Delegación de Ferrol. Todos eles colaboraron e axudaron na resolución destes problemas imprevistos. 

Para maior tranquilidade de todos, este problema puntual estará resolto no prazo duns 10 días, polo que esperamos que a seguinte xornada xa se poida disputar con normalidade, acollendo os partidos de F-11.

Tamén hai que advertir aos afeccionados que o acceso ás instalacións de Prados Vellos só se poderá efectuar pola rúa “Subida Pedro García”, o camiño que leva ás oficinas do club. Desde hoxe a porta do “cemiterio” non está dispoñible pois é a zona de obras.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.