PREVIA DA XORNADA DO 15 DE ABRIL DE 2018

AS OBRAS EN PRADOS VELLOS CONDICIONAN A XORNADA

Nova fin de semana de fútbol por diante para ir consumindo pouco a pouco as competición. O comezo da reparación do muro de Prados Vellos provoca cambios na programación de partidos. Os modestos xogarán como locais no exilio de O Pote, e os xuvenís adían o seu partido.

MODESTOS: O domingo ás 17:00 xogan como locais en O Pote de Maniños ante a SD Barallobre.Partido ante o penúltimo clasificado, un rival que vén de empatar no feudo do Meirás e que a bo seguro intentará sacar algo positivo neste encontro. Os nosos, deben recuperarse da derrota da pasada xornada e conseguir tres puntos que lle permitan seguir na loita pola quinta plaza.
Desde este espazo a ADR Numancia manifesta o seu agradecemento pola dispoñibilidade do Maniños, receptivos desde o primeiro intre e xenerosos ao acceder á nosa petición de utilizar as súas instalacións de O Pote. 

XUVENÍS: O partido previsto para este sábado ante o CCRD Perlío, queda adiado para máis adiante, con data aínda por decidir. Cando a seguridade da obra de muro sexa completa, poderase xogar este partido en Prados Vellos.

CADETES: O sábado ás 10:45 visitan ao CCRD Perlío no campo de Os Pinares. Partido clave para os rapaces ante o líder da competición. Unha vitoria neste partido permitiría aos cadetes meterse de cheo na loita polo título, cando restan catro xornadas para o final da Liga, nas que haberá varios enfrontamentos directos entre os equipos implicados.

INFANTÍS: O sábado ás 11:30 xogan a domicilio co SRD Portuarios no campo de Aneiros (Serantes). Visita dos infantís a terras ferrolás para medirse ante un dos equipos duros da categoría. Agardemos que a tranquilidade e o bo facer sexan a tónica xeral dos partidos que restan por disputarse.

FÚTBOL - 8: O venres temos dous partidos en Prados Vellos, que esta semana acollerá os partidos do fútbol - 8 no campo mais próximo á bancada. As 17:00 o alevín "A" recibe a SD O Val. As 18:00, os prebenxamíns mídense ao CD As Pontes. En Ferrol, xogan tamén o venres as 17:00 os benxamíns ante o SRD Ánimas na Gándara e o alevín "B" as 19:15 ante o Racing de Ferrol na Malata.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.