Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 8 DE ABRIL DE 2018
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 8 DE ABRIL DE 2018

 UN POUCO DE TODO NA VOLTA Á COMPETICIÓN

Unha derrota e dúas vitorias deixounos a pasada fin de semana o triple enfrontamiento co C. Maniños. Malas novas en infantís e aprendizaxe contínuo entre os mellores nos partidos de fútbol - 8. Analizamos o sucedido:


MODESTOS: Derrota do primeiro equipo na súa visita a O Pote. Comezaron ben os nosos, que conseguiron adiantarse no marcador. Co paso dos minutos, o Maniños foi facéndose dono do partido e levouse a vitoria no último tramo do partido, aproveitando tamén o baixón físico dos nosos. Non foi un mal partido ante o segundo clasificado, pero para sacar algo positivo ante os mellores equipos, hai que ofrecer a mellor versión posible do equipo. 

XUVENÍS: Necesaria vitoria a conseguida polos rapaces a domicilio do C. Maniños. Primeira parte igualada e con moito centrocampismo, na que dous lanzamentos de faltan daban vantaxe aos nosos. Na segunda metade, os locais quedaban con 10, o ue aproveitaba o noso equipo para conseguir os tres puntos con certa comodidade.

CADETES: Goleada dos cadetes en Prados Vellos ante o C. Maniños. Despois dun primeiro tramo do partido, cos visitantes moi aplicados en labores defensivas, o Numancia abriu á lata e pouco a pouco foron caendo os goles dunha abultada vitoria para seguir loitando ata o final da Liga polos postos de privilexio.

INFANTÍS: Igualado e competido parido dos infantís ante o Neda, que finalmente venceron os visitantes. O peor non foi a derrota, senón unha serie de incidentes do público co colexiado durante o partido e a finalización do mesmo, que lle fan moito dano ao noso club. Dende esta páxina, aproveitamos para condenar os feitos e para disculparnos públicamente polo sucedido na tarde do sábado en Prados Vellos. ¡¡¡Non pode volver a pasar¡¡¡

FÚTBOL - 8: O alevín "A" empataba na Pedreira no derbi ante o G. Mugardos "B". O alevín "B" vencía en Prados Vellos ante o AD Miño nun partido con moitos goles. Os benxamíns, caían en Ares ante o SD O Val. Os prebenxamíns, perdían e aprendían do líder, o G. Caranza "C" a domicilio.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.