Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DOS PARTIDOS DE SEMANA SANTA
 
 

ANÁLISE DOS PARTIDOS DE SEMANA SANTA

FÚTBOL POLOS CATRO COSTADOS, NA PASADA SEMANA FESTIVA

As dobres xornadas de competición e Torneos foron protagonistas na Semana Santa fútbolera para os distintos equipos da entidade. Analizamos o acontecido nos últimos días.

MODESTOS: Clara vitoria ante o Capela en Prados Vellos o día de Domingo de Ramos. Un inconmensurable Alex Pita e o acerto goleador de Chapu, servíronlle ao Numancia para tumbar os visitante e seguir nesa maneira na zona alta da clasificación.

XUVENÍS: Tiveron dous enfrentamientos ante equipos da zona alta en Prados Vellos. O sábado 24 un mal inicio de partido ante o Portuarios, condenaba ao equipo a unha derrota, a pesar da melloría na segunda metade. O martes 27 os rapaces fixeron un gran partido ante o CD Narón, un encontro que tivo de todo, emoción, fútbol e polémica e no que os visitantes levaron a vitoria de forma moi axustada.

CADETES: Viaxaron ata o campo de O Beco de Cedeira os rapaces do equipo cadete o sábado 24. Acusaron o madrugón e comezaron perdendo, pero co paso dos minutos fixéronse donos do partido para terminar vencendo con autoridade nunha boa segunda metade.

SELECCIÓN FERROLTERRA SUB 15: O xogador do equipo cadete, Miguel Oliveira Mayobre participou o pasado martes 27 na Segunda Fase do Campeonato Galego de Selección Comarcais en Xinxo de Limia (Ourense). Migui participu na derrota ante A Coruña e na vitoria ante Ourense, disfrutando dunha bonita e inolvidable experiencia, que veu a recompensar o seu traballo e bo facer durante anos nas categorías de base do Numancia. ¡¡¡Noraboa Migui¡¡¡

INFANTÍS: O venres 23 conseguían a segunda vitoria da Liga no campo de Los Pinares de Perlío, ante un rival que ao igual que na primeira volta, volvían a derrotar. O martes 27 visitaban a un dos equipos da zona alta, a SD O Val, ante o que a pesar de derrota fixeron un partido moi serio.

FÚTBOL - 8: O venres 23 os prebenxamíns caían ante o Ánimas en Prados Vellos nun partido condicionado polo fortísimo vento reinante. Ese mesmo día, o alevín "B" vencía tamén en Prados Vellos ao Cedeira SD. O luns 25 o alevín "B sufría unha axustada derrota no seu desprazamento a Cariño. Por último, o mércores 28 os benxamíns caían na Malata ante o líder, o Racing de Ferrol.

En canto a participación do Numancia no TORNEO CONCELLO DE MUGARDOS de fútbol 8, dicir que os prebenxamíns acudían o xoves 29, chegando ata a Final de Consolación tras superar no último segundo do partido ao Galcia de Mugardos nas semifinais. Os benxamíns, caían eliminados o venres 30 nas Semifinais de Consolación ante o CD As Pontes na lotería dos penaltis. Por último, o equipo alevín caía o sábado 30 ante o AD Miño nos Cuartos de Final de Consolación. Dende o Numancia de Ares agradecemo ao Galicia de Mugardos a invitacion a un Torneo que este ano estivo condicionado pola mala climatoloxía nas súas dúas primeiras xornadas.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.