PREVIA DA XORNADA DO 18 DE MARZO DE 2018

MOITO FÚTBOL EN PRADOS VELLOS

Nova fin de semana de fútbo, onde agardamos que se disputen sin problemas todos os partidos. Catro deles, serán en Prados Vellos.
Ares, 16 de marzo de 2018.

MODESTOS: O domingo as 16:30 bonito partido nos Pinares entre Perlío e Numancia. Cuarto e quinto clasificado enfróntase no campo fenés. Os nosos, buscarán seguir coa boa racha de vitorias e sacar algo positivo de terras fenesas para afianzarse na quinta praza e achegarse un pouco mais a cuarta posición.

XUVENÍS: O sábado as 18:30 visitan ao líder, o Eume Deportivo. Díficil compromiso para os nosos rapaces, aínda que na primeira volta os eumeses sufriron para vencer en Prados Vellos. Os xuvenís buscarán repetir a imaxe da primeira volta e intentar dar a sorpresa neste encontro.

CADETES: O sábado as 16:15 en Prados Vellos reciben ao último clasificado, o Amistade Meirás "B". Non deberán de confiarse os rapaces ante o conxunto de Valdoviño se queren conseguir unha vitoria que os permita seguir na loita polos primeiros postos da clasificación.

INFANTÍS: O sábado as 18:00 pechan a sesión de tarde en Prados Vellos recibindo ao Racing de Ferrol "B". Partido bonito de xogar para os rapaces, ante un rival con nome e moita calidade individual nas suas filas. Os nosos nenos non queren ser menos e a bo seguro que co apoio da afición realizarán un gran encontro ante o equipo verde.

FÚTBOL - 8: O venres temos dous partidos en Prados Vellos. As 17:30 os benxamíns reciben ao Perlio, e as 18:30 o alevín "B" recibe ao líder, a SD O Val "D". A domicilio xoga o alevín "A", as 18:00 ante o Galicia de Caranza. Para o sábado as 12:05 queda o partido dos prebenxamíns en Neda ante o conxunto local.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.