ANÁLISE DA XORNADA DO 11 DE MARZO DE 2018

FIN DE SEMANA CON FINAL "FÉLIX"

Xornada marcada pola borrasca Félix, que obrigou a adiar todos os partidos da tarde do sábado. O primeiro equipo e os conxuntos de fútbol - 8, puideron xogar os seus partidos con relativa normalidade.
Ares, 14 de marzo de 2018.

MODESTOS: Terceira vitoria consecutiva do noso primeiro equipo, que parece recuperar as boas sensacións nestas últimas semanas. O G. Caranza foi desta vez a vítima do acerto goleador dos nosos xogadores o pasado domingo invernal en Prados Vellos. Triunfo importante para manterse na quinta praza e quizáis aspirar a algo máis. ¡¡¡Toca seguir así¡¡¡

FÚTBOL BASE: Os equipos xuvenil, cadete e infantil non puideron xogar os seus partidos en Prados Vellos, Narón e O Val, respectivamente, na tarde do sábado. A Xunta de Galicia suspendeu a xornada debido a unha alerta laranxa que por sorte non foi tan brava como se anunciou; pero que obriga aos nosos equipos a buscar unha nova data para estes encontros, tendo que xogarse os mesmos antes da finalización da Semana Santa.

FÚTBOL - 8: Os máis pequenos xogaron o venres, librándose en parte das alertas e famosas cicloxéneses. Aínda así, todos os partidos estiveron condicionados polo vento. O alevín "A" caía en Prados Vellos ante o líder, o Narón Freixo. O alevín "B" tropezaba na Gándara ante un duro e correoso Racing San Pedro. Os benxamíns, por pouco se traen a vitoria ante un Mugardos que se viu axudado polo aire nos minuos finais para empatar. Os prebenxamíns fixeron un bo partido a domicilio ante o G. Caranza "B" e descubriron o complicado que é xogar ao fútbol contra vento e marea.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.