Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 4 DE MARZO DE 2018
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 4 DE MARZO DE 2018

A VITORIA DO PRIMEIRO EQUIPO, O MELLOR DA XORNADA

Os resultados para os nosos equipos non foron os mellores na primeira xornada de marzo, aínda que a vitoria dos modestos o domingo permitiunos finalizar a fin de semana cun sorriso.

Ares, 6 de marzo de 2018.

MODESTOS: Segunda vitoria consecutiva a domicilio, esta vez ante un Cebarca nun partido duro como pasa sempre que se visita o Bernardino BreiJo. Os nosos xogadores adaptáronse á herba natural, superaron todos os contratempos e conseguiron tres novos puntos para continuar na loita pola quinta praza da clasificación.

XUVENÍS: O equipo xuvenil non consegiu enlazar dúas vitorias seguidas, xa que o pasado sábado caía na Gándara ante outro rival da zona media como é o Racing San Pedro. A falta de intensidade por momentos, e de acerto ante a portería contraria, condenaron ao noso equipo ante un rival que aproveitou moi ben todas as súas armas...

CADETES: Despois dunha temporada de bos resultados, os cadetes caían na casa ante outro rival da zona alta como é o Rápido de Neda. Partido moi físico e con moito fútbol directo, que ben poido terminar en empate. Os visitantes estiveron máis acertados de cara a gol e firmes en defensa, polo que se levaron tres puntos importantes de Prados Vellos.

INFANTÍS: Bo partido dos infantís ante o líder a pesar do resultado. Os rapaces, algúns deles alevíns de primeiro ano, fixeron fronte ao mellor equipo da categoría, sendo ovacionados por todos os afeccionados presentes en Prados Vellos ao remate do encontro.

FÚTBOL - 8: O alevín "A" caía no último minuto ante o Racing de Ferrol "C" na Malata nun partido da zona alta do grupo 1 onde coñeceron a outra cara do fútbol. O alevín "B" vencía con claridade ao Meirás CF a domicilio. Os benxamíns, caían ante un equipo de segundo ano, o Rápido de Neda "B" en Prados Vellos. Os prebenxamíns,caían ante o líder o CD Narón nun partido no que participaron varios biberóns. Precisamente, o equipo biberón disfrutaba o xoves do seu partido de fútbol sala ante o Rápido de Neda onde se divertiron moito e amosaron os seus avances futbolísticos.
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.