Inicio Noticias Xerais PREVIA DA XORNADA DO 4 DE MARZO DE 2018
 
 

PREVIA DA XORNADA DO 4 DE MARZO DE 2018

SEMANA DE CONFIRMACIÓN

Primeira fin de semana de marzo, na que agardemos que mellore o tempo para que os noxos xogadores disfruten de fútbol e confirmen a melloría mostrada a pasada fin de semana.
Ares, 1 de marzo de 2018.

MODESTOS: O domingo ás 16:30 xogan no Bernardino Breijo ante a UD Cebarca. Segunda xornada consecutiva viaxando a Ortegal para o primeiro equipo. Nesta ocasión, visitarán A Barqueira para xogar ante un equipo rocoso e forte no seu campo de herba natural.

XUVENÍS: O sábado ás 16:00 xogan ante o Racing San Pedro no campo de herba artificial de A Gándara. O equipo xuvenil buscará un resultado positivo ante un conxunto situado tamén na zona media da clasificación.

CADETES: O sábado ás 18:00 reciben en Prados Vellos ao Rápido de Neda. Interesante partido entre dous equipos situados na zona alta da clasificación. Os nosos rapaces buscarán a vitoria para seguir cerca da cabeza.

INFANTÍS: O sábado ás 16:15 reciben ao líder da categoría, o CD Narón. Logo do bo partido en Aa Pontes na última xornada, os rapaces terán un duro partido no que a bo seguro o darán todo ata o pitido final do colexiado.

FÚTBOL - 8: Abren xornada os biberóns, o xoves ás 17:30 xogan ante o R. Neda no Pavillón de Ares. Dous partidos en Prados Vellos o venres. Ás 17:30 os prebenxamíns reciben ao CD Narón, as 18:30 xogarán os benxamíns ante o R. Neda "B". Tamén o venres, pero na Malata xogarán os nenos do alevín "B" ante o Meirás CF. Para o sábado as 13:15 queda o partido do alevín "A" ante o Racing de Ferrol "C", tamén na Malata.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.