Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 25 DE FEBREIRO DE 2018
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 25 DE FEBREIRO DE 2018

MOI BOA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Finalizou o mes de febreiro con moitas vitorias para os nosos equipos, xa que ata sete conxuntos do Numancia foron capaces de conseguir os tres puntos nunha xornada que analizamos a continuación.
Ares, 28 de febreiro de 2018.

MODESTOS: Dous tantos de Chapugol déronlle a vitoria ao primeiro equipo na súa visita a Moeche. Os nosos fixeron un partido serio en terras modestinas, conseguindo desa forma un triunfo que os sitúa na sétima posición, a soamente un punto de distancia da quinta praza.

XUVENÍS: O equipo xuvenil puxo fin a unha mala racha de resultados vencendo ao Rápido de Neda en Prados Vellos. Tres tantos de Raúl Anido, xunto co bo traballo de todo equipo foron a clave para que os tres puntos se quedaran en Ares.

CADETES: Vitoria importante ante o líder en Miño. Comezaron perdendo nunha primeira metade co vento en contra, pero xa pouco antes do descanso empataron e no segundo tempo foron mellores co rival e conseguiron tres puntos importantes para seguir na loita pola Liga.

INFANTÍS: Gran partido dos rapaces no campo de O Poboado ante un bo equipo como é o CD As Pontes. Os infantís, caeron no tempo de desconto nun encontro no que tiveron opcións de vitoria ata o final do mesmo.

FÚTBOL - 8: O alevín "A" vencía con claridade ao Eume "B" en Pontedeume, facendo o mesmo o alevín "B" ante o Eume "A" en Prados Vellos. Os benxamíns conseguían a primeira vitoria no grupo 1 ante o Neda a domicilio, mentres que os prebenxamíns conseguían a segunda vitoria tamén no primeiro grupo, desta volta ante o Racing San Pedro en Prados Vellos.
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.