PREVIA DA XORNADA DO 25 FEBREIRO DE 2018

SÚPER SÁBADO

Última xornada do mes de febreiro, onde agás modestos e cadetes todos os equipos da entidade xogarán o sábado. Analizamos os partidos que nos agardan nunha fin de semana de sol.
Ares, 22 de febreiro de 2018.
MODESTOS: O domingo ás 17:00 visitan o Municipal de Moeche para xogar ante o penúltimo clasificado, un Moeche que conta con tres puntos menos có Numancia. O noso primeiro equipo buscará refrendar cunha vitoria as boas sensacións do último partido.

XUVENÍS: O sábado ás 18:00 reciben en Prados Vellos ao Rápido de Neda, un rival situado na zona media - baixa da clasificación. O equipo xuvenil buscará unha vitoria que peche unha mala racha de tres derrotas consecutivas.

CADETES: O equipo cadete apraza o seu partido para o martes as 19:00 no Municipal de Gallamonde, onde se medirán ao líder, o AD Miño. Os rapaces cadetes buscarán traerse algo positivo para Ares e desa forma poder meterse de cheo na loita pola Liga.

INFANTÍS: O sábado ás 11:00 visitan O Poboado para medirse ao CD As Pontes. Afrontan os infantís unha parte do calendario complicada, onde buscarán mellorar as prestacións da primeira volta ante estes equipos complicados.

FÚTBOL - 8: O sábado pola mañá, teremos dous partidos en Prados Vellos. As 10:30 o alevín B" recibe ao Eume Deportivo. As 11:30, partido entre os prebenxamíns do Numancia e do Racing San Pedro. A domicilio tamén na mañá do sábado xoga o alevín "A" ante o Eume as 11:00 e o benxamíns, que xogan as 12:05 no Municipal de Neda ante o equipo local.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.