Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 18 DE FEBREIRO DE 2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 18 DE FEBREIRO DE 2017

ENTROIDO E FÚTBOL, MALA COMBINACIÓN

Na última xornada, os resultados dos diferentes equipos do Numancia non foron os mellores. Por sorte, nos partidos do sábado e do domingo poidemos ver por fin o sol.
Ares, 21 de febreiro de 2018.
Analizamos o sucedido:
MODESTOS: Derrota en Prados Vellos ante o terceiro clasificado, o Meirás CF. Mais alá do resulado, o noso primeiro equipo fixo un bo partido ante un dos candidatos ao título; soamente a falta de gol castigou ao Numancia neste encontro onde se viviu un gran ambiente en Prados Vellos, con nutrida presencia de aficionados de ambos equipos. ¡¡¡Así da gusto¡¡¡

XUVENÍS: Os xuvenís xogaron ante o CD As Pontes no campo de O Pote de Maniños, debido ao mal estado dos campos de O Poboado. Un cruel 4-0 ao descanso deixaba sen opcións de puntuar a uns rapaces que non están no seu mellor momento da temporada.

CADETES: Tiveron xornada de descanso no primeira xornada da segunda volta. Xa pensan na importante visita a Miño da próxima xornada.

INFANTÍS: Caeron en Prados Vellos en Prados Vellos ante o AD Miño. A pesar de contar coa maior parte do plantel neste partido, os visitantes estiveron mais acertados e leváronse os tres puntos de Ares.

FÚTBOL - 8: O alevín "A" continua coa boa racha de victorias. Nesta ocasión venceron en Prados Vellos ao CD As Pontes e achéganse aos primeiros postos do grupo 1. Os benxamíns, conseguían o primeiro punto no grupo 1 empatando ante o Eume Deportivo en Ares. Os prebenxamíns, loitaban sen éxito na Malata ante un potente e moi deportivo Racing de Ferrol. O alevín "B", descansou.
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.