Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 4 DE FEBREIRO DE 2018
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 4 DE FEBREIRO DE 2018

UN POUCO DE TODO NUNHA FRÍA XORNADA

Primeira fin de semana de febreiro, con moito frío nos campos de fútbol da bisbarra. Os nosos equipos obtiveron resultados dispares nos partidos que a continuación analizamos.

MODESTOS: Visita compricada ao Municipal de Neda a que afrontaba o noso primeiro equipo. Os modestos, xogaron de poder a poder ante un equipo da zona alta e consguiron un empate que se ben é certo, non serve para achegarse moito á zona alta, si que e válido para coller moral e intentar recuperar terreo perdido nos dous próximos consecutivos en Prados Vellos.

XUVENÍS: Mal momento o que atravesa o equipo xuvenil con moitas baixas por diferentes motivos. Segunda derrota consecutiva na casa, esta vez ante o Meirás nun partido non que non tiveron opcións.

CADETES: Bo partido dos cadetes, que encarrilaron o encontro na primeira metade para terminar goleando ao Meirás nun partido da zona alta da Liga. Vitoria importante dos rapaces para non descolgarse dos postos de cabeza.

INFANTÍS: Non poideron dobregar os infantís a un equipo de primeiro ano como é o Galicia de Caranza "B" en terras ferrolás. As lesións de varios xogadores durante o encontro reduciron as posibilidades de puntuar do noso equipo neste partido.

FÚTBOL - 8: Nova vitoria do alevín "A" ante O Val en Sinde. O alevín "B" empataba no derbi ante o G. Mugardos en Prados Vellos. Os benxamíns, caían en Ares ante o Ánimas nun bo partido dos nenos. Os prebenxamíns, valentes e ben abrigados, non se adaptaban en As Pontes á herba natural do campo de O Poboado. 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.