PREVIA DA XORNADA DO 28 DE XANEIRO DE 2018

VISITA DO CD NARÓN E PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN DE SELECCIÓNS

Última fin de semana, onde modestos, xuvenís e prebenxamíns xogan en Prados Vellos. Como nota destacada, David Vilasánchez representará a entidade na segunda fase do Campionato Galego de Seleccións sub -12.
Ares, 25 de xaneiro de 2018.
MODESTOS: O domingo ás 16:30 visita Prados Vellos o segundo clasificado, un CD Narón que conta con xogadores como Sueiro, Popo ou Kevin, todos eles con experiencia de sobra en categorías superiores. Os nosos, veñen de vencer en Barallobre e buscarán contrarestar as boas armas do rival con moito traballo e compromiso no campo. Partido atractivo este domingo no noso campo.
 
XUVENÍS: O sábado ás 16:30 reciben ao G. Caranza "B" en Prados Vellos. O filial ferrolá, non comezou ben esta segunda fase da Liga, pero os nosos rapaces non se poden confiar ante este bo equipo. Buscarán unha nova vitoria para seguir na zona alta da clasificación.
 
CADETES: O sábado ás 11:00 xogan ante o líder en San Claudio. Madrugarán os cadetes para visitar a un Ortigueira que buscará deixar aos nosos a 8 puntos de distancia. Os rapaces, deberán dar o máximo nivel neste envite para traerse algo positivo para Ares e seguir nas primeiras posicións da competición ligueira.
 
INFANTÍS: O sábado ás 18:30 visitan o campo de A Gándara eumesa para xogar ante o Eume de Xelo. Xogan de novo os rapaces ante un dos bos equipos da categoría, ao que sen dúbida intentarán facer fronte durante os 80 minutos de partido.
 
SELECCIÓN ALEVIN: A selección alevín de Ferrolterra sub 12, con David Vilasánchez nas suas filas xoga o sábado no campo de O Buelo en Moraña (Pontevedra) a segunda fase do Campionato Galego. As 11:15 mediranse a Vigo e as 16:45 xogarán ante Ourense. Contan con 4 puntos obtidos na primeira fase, e buscarán o pase a fase final que se xogará o luns 12 de febreiro no campo de O Beco de Cedeira.
 
FÚTBOL - 8: Os dous equipos alevíns teñen semana de descanso debido ao Campionato Galego de seleccións. Os benxamíns, xogan o venres ante a SD Val as 18:30 en Sinde. Os prebenxamíns, reciben ao líder, G. Caranza "C" o venres as 17:30 en Prados Vellos. 
 
¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.