PREVIA DA XORNADA DO 21 DE XANEIRO DE 2018
TOCA RECUPERAR AS BOAS SENSACIÓNS
Segunda xornada deste 2018, onde modestos, xuvenís, alevín B" e prebenxamíns xogan a domicilio e cadetes,infantís, alevín "A" e benxamíns disputan os seus partidos en Prados Vellos.
MODESTOS: O domingo ás 16:15 visitan o campo de O Ramo para medirse ao colista da Liga, a SD Barallobre na 8ª xornada da Segunda Galicia. Necesitan a vitoria para recuperar posicións na clasificación. Xa venceron con claridade no Ramo na fase previa, pero o partido de este domingo a bon seguro que non será nada fácil para os nosos.
XUVENÍS: O sábado as 16:15 xogan no campo dos Pinares ante o Perlío. Os rapaces xuvenís buscaran unha vitoria a domicilio para ser máis regulares e achegarse un pouco máis aos postos nobres da Liga.
CADETES: Xogan o sábado ás 16:00 en Prados Vellos ante o Perlío. Situados na terceira posición do grupo dous da Liga, a tres puntos do lider, os cadetes afrontan nas próximas semanas unha serie de partidos ante rivais directos, antes de finalizar a primeira volta.
INFANTÍS: O sábado a iso das 17:40, despois do partido dos cadetes, os infantís reciben en Prados Vellos a un dos rivais da zona alta, o SRD Portuarios. Os rapaces de Genete buscarán compricarlle as cousas a un dos equipos máis fortes da categoría.
FÚTBOL - 8: Todos os equipos xogarán o venres. As 17:00 os prebenxamíns visitan A Gándara para medirse ao SRD Ánimas. As 17:30 xogan en Prados Vellos os benxamíns ante o Racing de Ferrol, para posteriormente as 18:30 disfrutar o alevín "A" do seu derbi ante o Galicia de Mugardos, tamén en Ares. Por último, as 19:30 no Cadaval, o alevín "B" xoga ante o CD Narón.
¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡