ANÁLISE DA XORNADA DO 14 DE XANEIRO DE 2018

A DURA COSTA DE XANEIRO

Volvía a competición para todos os equipos do Numancia despois do Nadal. Parece que teremos que agardar para baixar o turrón, e os nosos conxuntos deberán seguir carburando neste 2018 para mellorar as suas prestacións.

MODESTOS: Terceira derrota consecutiva, desta vez ante o líder, o Cultural Maniños en Prados Vellos. Castigo excesivo en canto ao número de goles, aínda que derrota xusta xa que o equipo fenés tivo mais pegada e fondo do armario ao longo do encontro.

XUVENÍS: O equipo xuvenil tamén perdeu ante o Maniños en Prados Vellos. Adiantáronse na segunda metade, a pesares de sufrir unha nova e inxustificable expulsión, esta vez de Cavezza; e de fallar un penalti. Nos últimos minutos do partido, desconexión numantina e tres goles dos visitantes para levar tres puntos para terras fenesas.

CADETES: O equipo cadete foi a noticia positiva do fin de semana. Conseguiron vencer en O Pote ao Cultural Maniños. Non comezaron ben o partido, adiántandose os locais nos primeiros minutos. Unha boa parte final da primeira metade, con momentos de bo xogo serviulles aos rapaces para remontar o partido. Na segunda metade, os numantinos sentenciaron o encontro con acerto e tranquilidade.

INFANTÍS: Non se cumpriu iso de que "adestrador novo, vitoria segura" e os infantís a pesares de realizar unha boa primeira metade, terminaron por sucumbir no segundo tempo ante o Neda no municipal nedense.

FÚTBOL - 8: Doble vitoria en alevins. O alevín "A" vencia con claridade en Cedeira; o alevín "B" derrotaba ao Racing de Ferrol nun fermoso partido en Prados Vellos. Os benxamíns caían en Perlío ante o líder. Os prebenxamíns perdían de forma axustada en Prados Vellos ante un Neda superior en físico e idade.





 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.