PREVIA DA XORNADA DO 14 DE XANEIRO DE 2018

VOLTA Á COMPETICIÓN PARA TODOS OS EQUIPOS

Remataron as vacaccións de Nadal. Xornada completa para todos os equipos do Numancia, que xogarán entre o venres e o domingo os seguintes partidos:
 Ares, 11 de xaneiro de 2018.
MODESTOS: O domingo as 16:30 en Prados Vellos teremos un partido de rivalidade veciñal. O actual líder, o Cultural Maniños visita ao equipo de Miguel Carballeira e Antón. Os numantinos agardan esquecer as duas derrotas a domicilio nos partidos do Nadal e conseguir unha vitoria ante os de Fene, para volver a boa dinámica e recuperar postos na clasificación. ¿Difícil?. Si. Pero coa axuda de todos e todas será mais sinxelo. Nas maduras e non tan maduras, ¡¡¡tod@s a Prados Vellos¡¡¡
 
XUVENÍS: O equipo de Chemari e Cartelle recibe en Prados Vellos o sábado as 16:30 tamén ao Cultural Maniños. Logo do empate ante a domicilio do Portuarios na última xornada, os xuvenís ocupan a 6ª posición do primeiro grupo da Liga xuvenil e buscarán seguir escalando posicións neste comezo de 2018.
 
CADETES: O sábado as 17:00 os de Juan Alberto e Jorge visitan o campo fenés de O Pote para completar o triple enfrontamento Numancia - Maniños desta xornada. Despois de vencer no último partido de 2017 ao Cedeira, os cadetes estan situados na 4ª posición do segundo grupo da Liga cadete, e buscarán achegarse á cabeza neste mes de xaneiro.
 
INFANTÍS: O venres as 17:00 visitan o Municipal de Neda, no que será a volta aos banquillos de Genete e de Eloy. Logo da vitoria ante o Perlío na última xornada, os infantís buscarán seguir aprendendo e competindo dignamente no primeiro grupo da Liga infantil.
 
FÚTBOL - 8: Para o venres, temos as 17:00 aos benxamíns de De Navas que visitan ao Perlío nos Pinares. As 19:00 o alevín "A" de Martín viaxa ata Cedeira. Na mañá do sábado temos dous partidos en Prados Vellos. As 10:30 o alevín "B" de Dani Espiñeira recibe ao Racing de Ferrol. As 11:30 os prebenxamín de Jorge xogan ante o Rápido de Neda.
 
¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.