PREVIA DA XORNADA DO 23 DE DECEMBRO DE 2017

ÚLTIMOS PARTIDOS DO 2017

Pechamos un ano. Entre o xoves, venres e o sábado catro cinco equipos do Numancia terán actividade e serán os encargados de baixar o telón futbolístico do fútbol aresán en 2017.
Ares, 22 de decembro de 2017

MODESTOS: O sábado as 16:00 en Caranza recuperarán o partido adiado pola borrasca "Ana" ante o Galicia de Caranza. Visitan os nosos a un rival ferido, que soamente conseguiu un punto no que vai de Liga. Non debemos fiarnos, enfrentámonos a un bo equipo, iso si, coas boas novas da recuperacio de efectivos no plantel para buscar unha vitoria que nos permita comer o turrón na zona nobre.

XUVENÍS: O venres as 18:00 en Aneiros (Serantes) os rapaces xuvenís pechan o 2017 ante o Portuarios, un equipo contra o que na Primeira Fase fixeron o mellor partido da temporada nese mesmo escenario. Agardemos que se repita e os xuvenís sigan tamén na zona alta.

CADETES: O xoves as 18:30 en Prados Vellos reciben ao Cedeira SD, un rival ao que derrotaron con solvencia na Primeira Fase. Os rapaces buscarán unha vitoria que os consolide na zoa alta da clasificación antes das vacaccións de Nadal.

INFANTÍS: O venres as 17:00 xógase o último partido do 2017 en Prados Vellos. Os infantís do Numancia e do Perlío, dous equipos a priori bastante parellos buscarán unha vitora que agardemos, quede na casa.

BIBERÓNS: Os mais pequenos do Numancia teñen a Primeira Xornada de Convivencia da temporada. Será o venres no Poboado en As Pontes, onde a partir das 16:30 combinarán o fútbol - 8 e o fútbol Indoor, no Torneo "As Pontes Limpo" xunto cos equipos de CD As Pontes, Galicia de Mugardos, Rápido de Neda, CD San Sadurniño, Eume Deportivo, AD Miño e Cedeira SD. ¡¡¡A disfrutar pequenos¡¡¡

¡¡Vémonos este fin de semana nos campos para disfrutar do fútbol e felicitarnos o Nadal¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.