PREVIA DA XORNADA DO 17 DE DECEMBRO DE 2017

ACHEGÁNDOSE ÁS VACACIÓNS DE NADAL

Penúltimo partidos do ano para os equipos de fútbol - 11 e últimos para os de fútbol - 8 nunha fin de semana na que teremos ata cinco partidos en Prados Vellos.
Ares, 14 de decembro de 2017.

MODESTOS: O domingo as 16:30 o noso primeiro equipo recibe en Prados Vellos ao CCRD Perlío, outro dos equipos chamados a estar na parte alta da clasificación. Sen dubida sera un partico compricado ante un rival que se caracteriza pola sua orde e o bo traballo defensivo. Os nosos, buscarán manter a terceira posición nestos dous últimos dous partidos do ano, o domingo ante o Perlío e o sábado 23 as 16:30 o partido adiado en Caranza.

XUVENÍS: O sábado as 16:30 visita Prados Vellos o Eume Deportivo, líder da competición e un dos favoritos para o título de Liga. Os nosos rapaces, buscarán compricarlle as cousas aos eumeses neste difícil pero bonito envite.

CADETES: O sábado as 12:30 en Santa Mariña do Monte, no concello de San Sadurniño, os cadetes visitan ao último clasificado, o Amistade Meirás "B". Non deberán confiarse os rapaces, que terán que adaptarse a un campo de herba natural e xogar moi serios queren conseguir os tres puntos.

INFANTÍS: O venres as 18:40 no campo de herba artificial de A Gándara visitan ao Racing de Ferrol "B", unha selección de xogadores de primeiro ano. Os nosos infatís buscarán compricarlle as cousas aos racinguistas e refrendar a boa imaxe ofrecida no último partido.

FÚTBOL - 8: O venres as 17:00 os prebenxamíns reciben en Prados Vellos ao Galicia de Caranza "B". As 19:15, o alevín "B visita ao AD Miño. Para o sábado en Prados Vellos quedan os partidos do alevín "A" ante o Galicia de Caranza as 11:00 e o derbi de benxamíns entre Numancia e Galicia de Mugardos para as 12:00.

¡¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.