Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 10/XII/2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 10/XII/2017

A BORRASCA ANA, PROTAGONISTA IMPROVISADA.

 
Mala xornada para os distintos equipos da entidade na última xornada de Liga. Analizamos os partidos da ponte festiva, na que finalmente tivemos un partido menos do agardado.
Ares, 13 de decembro de 2017

MODESTOS: A Federación Galega de fútbol tomaba a decisión na noite do sábado de suspender todo o futbol modesto en Galicia para o domingo pola tarde. A borrasca Ana, privounos de ver un interesante partido entre Galicia de Caranza e Numancia que terá que disputarse noutra data ainda sen confirmar.

XUVENÍS: Os xuvenís caían derrotados no Cadaval ante o CD Narón nun partido que comezou a compricarse no último adestramento da semana, onde o único porteiro do equipo, Tito, mancábase na cabeza ao sufrir un forte choque con Adrián Aneiros (que rompía un dente). Por sorte quedou nun susto e o bo de Tito non tardará moito en recuperarse. En canto ao partido, no positivo destacar o compromiso de todos os xogadores para sustituir ao porteiro, responsabilidade que finalmente asumiu Cavezza. No negativo, duas absurdas e condenables autoexpulsións que non deberían volver a repetirse, polo ben do equipo e da boa imaxe da entidade.

CADETES: Empate moi agridoce dos cadetes ante o CD Narón "B" en Prados Vellos. Despois de dominar durante todo o partido, ata o punto de ir gañando 4-1 a falta de 15 minutos, botaron por terra o traballo de todo o encontro nun último tramo de partido pésimo, que aproveitou o Narón "B" para empatar. Unha mágoa, voaron dous puntos de Prados Vellos. Que sirva para aprender.

INFANTÍS: Pese a derrota axustada ante a SD O Val en Prados Vellos, o equipo infantil foi o que mellor imaxe amosou nesta ponte festiva. Nun encontro no que a superioridade física dos valexos era moi evidente, conseguiron empatarlle o encontro aos visitantes, que soamente poideron conseguir a vitoria con dous goles nos últimos minutos. Os nenos numantinos, recibiron unha forte ovación da afición presente en Prados Vellos ao remate do partido.

FÚTBOL - 8: Os equipos de fútbol - 8 da entidade, comprobaron na ponte festiva a esixencia de xogar no grupo 1 das suas respectivas categorías. Desta forma, o alevín "A" caía derrotado polo Narón Freixo en Río Seco, o benxamín en Neda e os prebenamíns no Cadaval ante o CD Narón. No grupo 2 dos alevíns, o alevín "B" vencía de forma axustada en Prados Vellos ao CD Cariño a pesares de ter que xogar o partido con 8 xogadores xustos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.