Inicio Noticias Xerais PREVIA DA XORNADA DO 10 DE DECEMBRO DE 2017
 
 

PREVIA DA XORNADA DO 10 DE DECEMBRO DE 2017

FÚTBOL TODOS OS DÍAS, NON SENDO O VENRES

 
Chega a ponte da Constitución, e no Numancia teremos fútbol dende hoxe martes ata o domingo. O venres descansamos, xa que non todo vai ser fútbol. Analizamos o que nos agarda:
Ares, 5 de decembro de 2017.
MARTES: O prebenxamín de Jorge inicia a Liga no grupo 1 dos prebenxamíns. Visitan as 18:00 o campo de O Cadaval de Piñeiros para medirse ao CD Narón.

MÉRCORES: Os infantís de Paulo e Toni reciben as 11:00 en Prados Vellos a SD O Val. Os rapaces, buscarán olvidar o partido da fin de semana en Narón e loitar con forza ante o equipo valexo, nesta esixente Liga du grupo 1 infantil.

O mesmo mércores, o xogador alevín do Numancia, David Vilasánchez Fernández, participará no campo de O Conco de Dumbría na Primeira Fase Galega de Seleccións sub 12 coa selección de Ferrol. Mediránse aos combinados de Lugo e do antrión, a Costa da Morte. ¡¡¡Moita sorte David¡¡¡

XOVES: O alevín "A" de Martín xoga as 18:00 en Río Seco ante o Narón Freixo o seu partido da Liga alevín grupo 1.

SÁBADO: Despois do descanso do venres, o sábado teremos ata tres partidos. As 11:30 o alevín "B" de Dani Espiñeira recibe ao CD Cariño na Liga Alevín grupo 2. As 16:00 os xuvenís de Chemari e Cartelle buscarán seguir na boa dinámica de resultados visitando ao CD Narón no Cadaval na Liga Xuvenil grupo 1. As 16:30, os cadetes de Juan Alberto e Jorge buscarán unha vitoria en Prados Vellos ante o CD Narón "B" para situarse na parte alta da Liga catede grupo 2 e celebralo na cea de Nadal esa mesma noite.

DOMINGO: O prato forte chega o domingo as 16:00 no Municipal de Caranza. O noso primeiro equipo, situado na terceira posición da Segunda Autonómica visita ao Galicia de Caranza, un dos sempre favoritos ao título pero que nas primeiras tres xornadas soamente sumou un punto. Enfrentámonos polo tanto ante un xigante ferido. Agardamos que os xogadores de Miguel e Antón sigan amosando a boa imaxe das últimas duas semanas e que se sintan arropados por unha Marea Vermella que acuda en masa a este popular barrio da cidade ferrolá.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.