Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 3/12/2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 3/12/2017

SEGUIMOS CON FORZA

As vitorias dos modestos e dos xuvenís en Prados Vellos foron os mellores resultados dos partidos da última fin de semana que analizamos a continuación.
Ares, 5 de decembro de 2017.

MODESTOS: Importante vitoria ante a UD Cebarca nun partido moi igualado, intenso e difícil de xogar ante un rival que amosou unha boa imaxe esta vez en Prados Vellos. Dous goles de Chapu, asistido por Julio e un de Ivan con asistencia de Ángel, premiaron o bo traballo colectivo dun equipo que se sitúa na terceira posición.

XUVENÍS: Vitoria ante o Racing San Pedro nun partido que dominaron na primeira metade, vencendo 1-0 ao descanso grazas a un autogol dos visitantes. Na segunda parte, apretaron e empataron os do Ensanche, pero no último tramo do partido un gol de Alex Feal deu a vitoria a un Numancia que se sitúa na zona alta da clasificación.

CADETES: Moi xustos de efectivos, os cadetes disputaron un encontro compricado ante un correoso e físico Rápido de Neda. Os rapaces perdían ao descanso, pero na segunda metade foron quen de rescatar un valioso punto de terras nedenses.

INFANTÍS: Oito xogadores infantís e sete comprometidos nenos alevíns de primeiro ano, madrugaron o sábado para xogar no Cadaval ante o CD Narón. ¡¡¡Animo rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8: O alevin "A" perdía ante o Racing de Ferrol "C" en Prados Vellos. O alevín "B" facía ó propio nun igualado e vibrante partido en Sinde ante o SD Val "D".

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.