Inicio Noticias Xerais PREVIA DA XORNADA DO 26 DE NOVEMBRO DE 2017
 
 

PREVIA DA XORNADA DO 26 DE NOVEMBRO DE 2017

 VOLVEN A SEGUNDA AUTONÓMICA A PRADOS VELLOS

Último fin de semana de novembro, no que teremos ata catro partidos en Prados Vellos.
Analizamos o que nos agarda na fin de semana:
 
MODESTOS: Volve o primeiro equipo a Prados Vellos. Será o domingo as 16:30 con motivo da segunda xornada de Liga. Visitará o noso campo o ADC Moeche, quizáis o equipo revelación da temporada e que na primeira xornada foi quen de empatar co C. Maniños na casa. Buscarán os modestos os primeiros puntos nesta esixente Liga e para iso agardan contar co apoio da fiel afección numantina. 
 
XUVENÍS: O sábado ás 16:00 no Municipal de Neda buscarán os primeiros puntos da Liga ante o equipo local, nun encontro que se presume bastante igualado.
 
CADETES: O sábado ás 16:30 en Prados Vellos ante o AD Miño debutan os cadetes no grupo 2 da Liga, logo de descansar na primeira xornada. Con ilusión e moral afrontan os rapaces esta liga, sabedores que soamente xogando como un equipo, partido, a partido, chegarán os bos resultados.
 
INFANTÍS: O venres ás 18:00 en Prados Vellos reciben a un dos mellores equipos da categoría, o CD As Pontes coa idea de seguir aprendendo e de competir dignamente na liga mais forte.
 
FÚTBOL - 8: O alevín "A" inicia o grupo 2 da Liga recibindo ao Racing San Pedro o venres as 17:00 en Prados Vellos. Os benxamíns, xogan a última xornada da fase previa ante o SCDR Ánimas "B" o venres as 19:00 nos campo de A Gándara - 3. Prebenxamíns e alevín "A" agardan polo comezo nas suas Ligas do grupo 1 das respectivas categorías.
 
¡¡¡Vémonos os campos...¡¡¡
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.