Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 19 DE NOVEMBRO DE 2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 19 DE NOVEMBRO DE 2017

 MAL POR ARRIBA, BEN POR ABAIXO

Comezaron as Ligas de fútbol -11, onde os nosos equipos non acadaron bos resultados. Si que o fixeron os conxuntos de fútbol - 8 nas últimas xornadas da Fase Previa.
Analizamos:
 
MODESTOS: Debutaban na Liga no Misael Prieto, ante un dos favoritos, o Meirás CF. Mala primeira parte dos numantinos, que reacconaron na segunda metade. Non houbo sorte e os tres puntos quedaron no concello de Valdoviño. Toca levantarse e buscar a vitoria nos dous partidos consecutivos que veñen en Prados Vellos (Moeche e Cebarca).
 
XUVENÍS: Na primeira xornada recibiron a visita do CD As Pontes. Unha mala primeira metade penalizou aos numantinos, que non tiveron opcións de puntuar ante un dos mellores equipos da Liga.
 
CADETES: Descansaron na primeira xornada de Liga.
 
INFANTÍS: Debutaron na Liga visitando o Municipal de Gallamonde, onde sufriron unha derrota moi axustada ante o AD Miño nun partido que estivo igualado.
 
FÚTBOL - 8: Vitoria do alevín "A" na Malata ante o R. Ferrol "D" para certificar o seu pase ao grupo 1 da Liga. O alevín "B" vencía en Prados Vellos ao Meirás CF "B. Os benxamín, vencían en Prados Vellos ao R. Ferrol "C" nun emocionante partido. Os prebenxamíns, vencían con claridade tamén en Ares ao Racing de Ferrol "B".
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.