Inicio Noticias Xerais PREVIA DA XORNADA DO 19 DE NOVEMBRO DO 2017
 
 

PREVIA DA XORNADA DO 19 DE NOVEMBRO DO 2017

COMEZAN AS LIGAS DE VERDADE
Despois de dous meses de fases previas en fútbol - 11, este fin de semana chega a hora da verdade xa que comezan as Ligas. En fútbol -8, os nosos equipos finalizan as fases previas.

Ares, 16 de novembro de 2017

MODESTOS: O domingo as 16:00 en Meirás comeza a Liga para o Numancia. Inicio difiícil ante un dos favoritos, que caeu derrotado pola mínima en Prados Vellos na Fase Previa. Os numantinos terán que adaptarse a herba natural e as grandes dimensións do Misael Prieto, un dos escenarios mais compricados para puntuar de todo o fútbol de Ferrolterra. O domingo, comeza a viaxe.

XUVENÍS: O sábado as 16:30, Prados Vellos acollerá un gran partido de xuvenís. Os nosos, reciben ao CD As Pontes, campión do grupo "A" da fase previa. Os numantinos buscarán sacar algo positivo neste encontro basándose no traballo de equipo, nun partido no que agardan contar con moito apoio da afición numantina.

CADETES: Comeza a Liga tamén en cadetes, pero o Numancia descansa nesta primeira xornada. Debutará ante o Miño en Prados Vellos a próxima fin de semana.

INFANTÍS: O venres as 17:45, os infantís do Numancia comezan a Liga visitando ao AD Miño no Municipal de Gallamonde, coas ilusións e a moral intactas para intentar sacar algo positivo.

FÚTBOL - 8: Alevíns e prebenxamíns finalizan este fin de semana a fase previa. Os benxamíns, disputan a penúltima xornada. Todos eles xogarán o venres. Tres partidos en Prados Vellos, as 18:00, os prebenxamíns mídense ao R. Ferrol "B", as 19:00, o alevín "B" mídese ao Meirás CF "B". As 20:00, os benxamíns xogan ante o R. Ferrol "C".
Pola sua parte, as 18:00 xoga o alevín "A" na Malata ante o R. Ferrol "D", nun partido no que pode certificar o seu pase o grupo 1 da Liga.

¡¡¡Vémonos todos e todas nos campos nesta importante fin de semana¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.