Get Adobe Flash player
Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 12 DE NOVEMBRO DE 2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 12 DE NOVEMBRO DE 2017

OS BIBERÓNS, XOGARON O SEU PRIMEIRO PARTIDO

Fin de semana con menos fútbol do habitual, pero foron varios os equipos do club que tiveron partido, con protagonismo para o fútbol -8. Modestos, xuvenís e infantís descansaron antes de comezar a Liga.
Ares, 13 de novembro de 2017

CADETES: Na tarde do sábado, Numancia de Ares e Portazgo SD de Culelleredo xogaron un entretido partido amigable, aproveitando o parón nas suas competicións. Queremos agradecer ao Portazgo SD a sua visita a Prados Vellos e desexarlle a maior das sortes para o resto da temporada na Primeira División da Coruña.

ALEVÍNS: O alevín "A" de Martín vencía con claridade en Prados Vellos ao Galicia de Caranza "C", dando un paso de xigante de cara a sua clasificación para o primeiro grupo da Liga.
O alevín "B" de Dani Espiñeira, vencía con autoridade na Malata ao Racing de Ferrol "B".

BENXAMÍNS: Os pupilos de David de Navas perdían de maneira moi axustada en Miño, nun partido entre dous equipos da zona alta do grupo, deixando a clasificaciòn para o primeiro grupo da Liga por pechar nas últimas días xornadas de Liga.

PREBENXAMÍNS: O equipo de Jorge goleaba ao Eume de Xelo a domicilio. Os rapaces prebenxamíns, conseguían a clasificación para o primeiro grupo da Liga a falta dun partido para finalizar a Primeira Fase.

BIBERÓNS: Primeiro partido das suas vidas para os rapaces do 2013 do Numancia. Acompañados por algúns nenos do 2012, e guiados polo seu monitor, Dani Cartelle, os mais pequenos do Numancia xogaron o seu primeiro partido da temporada no Pavillón do Cristo de Mugardos ante o Galicia. Foi un derbi cheo de emocións, anécdotas e goles onde nenos e maiores disfrutaron moitísimo. ¡¡¡Noraboa¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.