PREVIA DA XORNADA DO 29 DE OUTUBRO DE 2017

MOITO FÚTBOL EN PRADOS VELLOS

 
Último fin de semana de outubro no que se disputarán en Prados Vellos, ata cinco partidos das diferentes categorías do club. Analizamos o que nos agarda os próximos días.
Ares, 26 de outubro de 2017.

MODESTOS: Penúltimo partido da primeira fase. O domingo ás 16:30 (coa hora nova) o primeiro equipo recibe a un Somozas "B" con grandes individualidades, pero que quedou fóra do grupo dos mellores. Os numantinos cos deberes feitos, buscarán despdirse de Prados Vellos nesta primeira fase como nos teñen acostumados, conseguindo os tres puntos.

XUVENÍS: Reciben o sábado ás 17:00 ao CD Narón "B". Cargados de moral despois da sua vitoria en Aneiros a semana pasada, os rapaces buscará certficar cunha vitoria a clasificación para o "grupo dos mellores".

CADETES: Visitan o sábado ás 16:00 a SD O Val en Sinde. Mídense os cadetes a un dos equipos da zona alta, ao que os numaninos intentarán poñerlle as cosas compricadas neste partido.

INFANTÍS: Despois da cómoda vitoria ante o Maniños, este vernes afrontan unha longa viaxe ata Ortigueira, onde xogan ante o equipo local as 18:15 no campo de San Claudio.

FÚTBOL - 8: Festa dos nenos o venres en Prados Vellos. As 17:00, os prebenxamíns reciben ao lider do grupo, o Galicia de Caranza "B". As 18:00, o alevín "A" mídese tamén ao líder do seu grupo, o Cedeira SD. As 19:00, pechan esta sesión de fútbol - 8 en Ares os benxamins ante a SD Libunca.

Por outra parte, o alevín "B" xoga tamén o venres as 17:00 en Caranza ante o Galicia de Caranza, líder tamén do seu grupo.

Vémonos nos campos...

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.