Get Adobe Flash player
Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 22 DE OUTUBRO DE 2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 22 DE OUTUBRO DE 2017

PROTAGONISMO PARA OS XUVENÍS, E PARA DAVID VILASÁNCHEZ

 
Nova xornada de competición, na que mais alá do mal resultado dos modestos, e os bos resultados na base, o Numancia recibiu unha boa nova que premia o seu traballo cos nenos.
 
Ares, 25 de outubro de 2017
 
Analicemos:

MODESTOS: Varios factores, como o bo partido do Valdoviño que está a xogarse moito, a relaxación e as baixas provocaron a segunda derrota da temporada dos modestos. Por sorte, o primeiro obxectivo da temporada xa está cumprido. A boa nova, o debut dos xuvenís Pablo Ferro e Iván Dragoevich co primeiro equipo da entidade. Noraboa rapaces. Exemplo de compromiso.

XUVENÍS: Deron a sorpresa e a ledicia da xornada, derrotando a domicilio a un dos equipos mais fortes do grupo, o Portuarios. Desta maneira, alixeran moito o camiño para clasficarse entre os mellores, aínda que deberán seguir remando para conseguilo.

CADETES: Empate na casa ante o Cultural Maniños, nun partido moi disputado no que calqueira dos dous equipos poido levarse a vitoria.

ADR Numancia de Ares. Selección Sub 12 de Ferrolterra. David Vilasánchez.INFANTÍS: Golearon en Prados Vellos ao Cultural Maniños, nun partido moi cómodo para o Numancia.

FÚTBOL - 8: O alevín "A" descansou. O alevín "B" venceu con claridade ao Cebarca en Prados Vellos. Vitorias contundentes dos benxamíns en Atios ante o Amistade Meirás e dos prebenxamíns na Malata ante o Racing "B".

Mais alá dos bos resultados na base, sempre secundarios, o Numancia recibiu esta semana un premio ao seu traballo. O xogador David Vilasánchez, alevín de segundo ano, que leva no Numancia dende biberóns, adestrou este martes coa selección sub 12 de Ferrolterra. O noso rapaz disfrutou da experiencia, e buscará co seu traballo facerse un sitio na selección definitiva para participar no Torneo Galego de Seleccións Locais. Noraboa David, a seguir traballando. E nos tamén.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.