Get Adobe Flash player
Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 13 ó 15 OUTUBRO
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 13 ó 15 OUTUBRO

OBXECTIVO CUMPRIDO PARA OS MODESTOS

Despois dunha semana longa con ponte incluída, os equipos do Numancia xogaban a pasado fin de semana unha nova xornada de competición. Así foron as cousas para todos eles:

  

 

 

Ares, 16 de outubro de 2017

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Numancia, 3 - San Mateo, 0. Prados Vellos.MODESTOS: Entre cinzas e ceo contaminado, conseguían o domingo unha clara vitoria ante o San Mateo para certificar o pase a "Liga dos mellores", onde 12 equipos loitarán polo título e o ascenso a Primeira Galicia. Os afeccionados disfrutaron dunha tarde plácida de fútbol en Prados Vellos. Afeccionados e afeccionados que cada día son máis. Tres partidos quedan para finalizar a Primeira Fase, tres partidos para repartir minutos e seguir recuperando aos mancados.

XUVENÍS: Escaparon tres puntos importantes de Prados Vellos no último suspito. O San Pedro foi mas eficaz, e os xuvenís deberán seguir loitando para clasficarse para o grupo dos mellores.

ADR Numancia de Ares. Alevines 2017-2018. O Val, 2 - Numancia A, 1. O SindeCADETES: Tiveron xornada de descanso, e xa encaran as tres últimas xornadas da primeira fase.

INFANTÍS: Pese a caer derrotados en Pontedeume. os rapaces numantinos fixeron un gran traballo ante un dos mellores equipos da categoría na Gándara eumesa.

FÚTBOL -8: Derrota axustada do alevín "A" no Val. O alevín "B descansou. Os benxamíns caían por primeira vez nesta tempada ante o Perlío en Ares. Os prebenxamíns, vencían con claridade ao San Sadurniño en Prados Vellos na segunda xornada de Liga.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.