Get Adobe Flash player
Inicio Noticias Xerais PREVIA XORNADAS 13 ó 15 de OUTUBRO.
 
 

PREVIA XORNADAS 13 ó 15 de OUTUBRO.

NON QUERES FÚTBOL... ¡¡¡TOMA DÚAS CUNCAS¡¡¡

Por suposto que seguimos. A continuación, detallamos os partidos que xogarán os distintos equipos do Numancia este fin de semana de Outubro veraniego:

 

 

Ares, 13 de Outubro de 2017.

MODESTOS: Sen tempo para descansar nin para lamentacións, chega o domingo o San Mateo CF a Prados Vellos. O noso primeiro equipo buscarán a vitoria para certificar canto antes de maneira matemática, o pase o grupo dos equipos que loitarán polo título de Liga. Domingo as 17:00.

XUVENÍS: Logo da dura derrota en Pontedeume, esta semana adestraron duro e fixeron terapia de grupo, cunhas pizzas no Casino Aresano, para conxurarse e buscar nestas últimas catro xornadas da previa o pase a Liga dos mellores. Reciben o sábado as 17:00 en Prados Vellos a un duro riva, o Racing San Pedro.

CADETES: Xornada de descanso por calendario.

INFANTÍS: Bonito partido ante un dos equipos fortes do grupo. Visitan ao Eume Deportivo de "Xelo" o sábado a 17:00 en Pontedeume.

FÚTBOL - 8: Descanso para o alevín "A". O alevín "B" xoga en Sinde ante a SD O Val o venres as 18:30. Tamén o venres temos xornada de fútbol - 8 en Prados Vellos. As 17:30 os benxamíns reciben ao CCRD Perlío. As 18:30, os prebenxamíns debutan na casa ante o San Sadurniño CF.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.