ANÁLISE DA XORNADA DO 6 ó 12 OUTUBRO

UN AUTÉNTICO ATRACÓN DE FÚTBOL

Iso foi o que tivemos durante toda esta semana os numantinos. Partidos e mais partidos das diferentes categorías do noso club. Analizamos con calma o que fixeron os distintos equipos do Numancia nesta semana:

 

 Ares, 13 de Outubro de 2017

MODESTOS: O domingo, importante vitoria ante o UD Cebarca en Prados Vellos nun partido duro dos que poucos se recordan por estos lares. Gran esforzo físico para asacar o partido adiante. O xoves en Maniños, dous grandes equipos, invictor ata ese día ofreceron un gran partido o numeroso público presente en O Pote. Vitora pola mínima e de penalti para os de Fene. Os numantinos deixaron todo no campo, e a pesares do esforzo do domingo e de algunha que outra baixa, estiveron a piques de traer algo positivo nun dos campos mais dífíciles da categoría. ¡¡¡Seguide así¡¡¡

XUVENÍS: Partido para olvidar e para aprender o dos xuvenís o sábado en Pontedeume. Caeron goleados ante un dos canditatos ao título, o Eume Deportivo. Nada que obxetar.

CADETES: O sábado conseguían a segunda vitoria da temporada, tras desfacerse cómodamente do Cedeira. Dende aquí desexarlle unha boa recuperación a Bruno, xogador cedeirés mancado nese partido. O xoves, derrota moi axustada ante o CD Narón "B" a domicilio. Nótase boa melloría nestos cadetes, reforzados nas últimas semanas con duas novas incorporacións. ¡¡¡Queren mais¡¡¡

INFANTÍS: O venres, empataban a domicilio ante a Escola do Racing. O martes, goleaban ao Meirás CF en Prados Vellos. Boa semana para os infantís do Numancia.

FÚTBOL - 8: O alevín "A" vencía en Ortigueira e caía na casa ante o CD Narón. O alevín "B", perdía en Ares con Racing "C" e conseguía un empate en As Pontes. Os benxamíns, vencían cómodamente en Pontedeume. Os prebenxamíns, non podían co potente CD Narón na sua primeira xornada de Liga na que xogaron a domicilio.

Isto non para..... Continuará.....

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.