Get Adobe Flash player
Inicio Noticias Xerais PREVIA XORNADAS 8 -12 OUTUBRO.
 
 

PREVIA XORNADAS 8 -12 OUTUBRO.

FÚTBOL PARA TODOS OS DÍAS DA SEMANA

De venres a xoves. Non haberá un día no que un equipo do Numancia non teña partido. Os modestos, cadetes, infantís e alevíns teñen dobre xornada. Os demais equipos teñen xornada normal, destacando o comezo de Liga para os prebenxamíns. Esta semana cambiamos un pouco o formato da previa, para que ningúen se perda ningún dos partidos.
Ares, 6 de outubro de 2017.
 
VENRES: Abren a tarde os benxamíns ás 17:00 en Pontedeume. Ás 17:30 na Gándara en Ferrol, os infantís visitan a Escola de Fútbol do Racing de Ferrol. Ás 18:00, os prebenxamíns debutan en Liga, visitando O Cadaval para medirse o CD Narón. Pechan a xornada do venres o alevín "B", que reciben en Prados Vellos ao Racing de Ferrol "C".
 
SÁBADO: Madrugan e moito os nenos do alevín "A", que xogan ás 10:00 en San Claudio ante o Ortigueira. Xa pola tarde, os cadetes reciben ás 17:00 en Prados Vellos ao Cedeira SD. Os xuvenís, visitan ao Eume Deportivo as 18:30 para pechar a xornada do sábado.
 
DOMINGO: Na xornada dominical teremos soamente un partido. O primeiro equipo quere seguir coa súa boa dinámica de vitorias. Ás 17:00 tod@s a Prados Vellos, hai que vencer ao UD Cebarca.
 
LUNS: En partido adiantado a xornada do xoves festivo, o alevín "B" rendirá visita a O Poboado para xogar ante o CD As Pontes ás 18:30.
 
MARTES: Tamén adiantan o seu partido os infantís, que reciben ao Meirás ás 19:00 en Prados Vellos.
 
MÉRCORES: O alevín "A" tamén libra no xoves festivo. Recibe un día antes en Prados Vellos ás 18:00 ao CD Narón.
 
XOVES: Madrugan os cadetes no día do Pilar. Ás 10:00 no Cadaval rinden visita ao CD Narón "B". Pola tarde, chega o último partido desta tolemia de días de fútbol. Como broche de ouro, ás 18:00 os equipos modestos do Cultural Maniños e do Numancia mídense no Pote, nun derbi da Segunda Autonómica grupo "A", que ambos equipos colideran a día de hoxe. ¡¡¡Tod@s a O Pote¡¡¡
 
Como vedes, e se non hai cambios, ata 12 partidos das diversas categorías do Numancia xogaránse nos próximos 6 días. E unha vez que rematen, chegará outra fin de semana de fútbol. ¡¡¡Vémonos nos campos e nas cantinas¡¡¡
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.