Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 1/10/2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 1/10/2017

BOA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Sentou ben o cambio de mes para o Numancia. Os modestos vencían en Barallobre. Xuvenís, alevíns e benxamíns remataban setembro vencendo os seus encontros. Os infantís, empataban nun precioso derbi ante o G. Mugardos.
 
Ares, 3 de outubro de 2017
 
ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Barallobre, 2 - Numancia, 5MODESTOS: 15 puntos de 15 posibles. Nova vitoria, esta vez no campo de O Ramo ante o Barallobre arroupados por unha nutrida representación da Marea Vermella. Vencía o Numancia xa por 0-3 aos 20 minutos de xogo, 0-4 no descanso. Na segunda metade, intentou reaccionar o Barallobre, pero o triunfo cómodo do Numancia non correu perigo pese a un final de partido tenso e convulso. Toca seguir sumando, xogando ao fútbol para achegarse cada vez máis á clasificación matemática para a Liga dos mellores. O domingo, vén o Cebarca.
 
XUVENÍS: Vitoria na casa ante o Amistade Meirás. Non foi un gran partido do equipo xuvenil, pero pese a iso consiguiron un triunfo cómodo para continuar na zona alta da clasificación.
 
CADETES: Gozaron dunha xornada de descanso por calendario.
 
INFANTÍS: Empate no derbi do sábado entre Numancia e Mugardos en Prados Vellos. Partido bonito e disputado dentro do campo, con ocasións nas dúas porterías. Fóra do campo, gran ambiente entre aresáns e mugardeses, con bombo incluido. Festa do fútbol infantil en Prados Vellos.
 
FÚTBOL - 8: Na tarde de fútbol en Prados Vellos do venres, o alevín "A" vencía ao Miño nun partido moi igualado. Posteriormente, os benxamíns debutaban na Liga cunha cómoda vitoria ante o Galicia de Caranza. O sábado pola mañá en San Cludio o Alevín "B" tamén gañaba o seu encontro fronte ó Ortigueira"B".
 
En resumo, o Numancia pasou a ITV xeral do mes de setembro. Pese a moitas circunstancias, os equipos numantinos tiveron en líñas xerais un bo arranque de temporada. Vémonos na seguinte fin de semana, onde debutarán en Liga os últimos en facelo, os prebenxamíns.
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.