Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 17/9/2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 17/9/2017

TODO BEN NAS ALTURAS. CON PACIENCIA NA BASE

 
Van collendo forma as competicións ligueiras no mes de setembro. No pasado fin de semana, os alevíns sumáronse ao resto das categorías. Soamente quedan por comezar as Ligas de benxamíns e prebenxamíns.
Ares, 21 de setembro de 2017.

MODESTOS: Nove puntos de nove posibles. Da gusto informar do primeiro equipo. Desta vez, a vitoria chegou no sempre compricado e coqueto campo de Vilaboa en Valdoviño. Dous tantos de Alex Pita e un de Esteban, de penalti, serviron aos numantinos para derrotar ao Rosalía. C. Maniños, Meirás CF, SD Barallobre e Numancia son os únicos catro equipos que conseguiron plento de vitorias nas tres primeiras xornadas da Primeira Fase.

XUVENÍS: Na segunda xornada da Primeira Fase, fixeron un partido serio e bastante bo ante o CD Cariño. Vitoria por 3-0 en Prados Vellos, para situarse con catro puntos na zona alta da clasificación.

CADETES: Tiveron un longo desprazamento ata Cariño. Na primeira metade fixeron un bo traballo, sendo o resultado ao descanso de 1-0. Na segunda metade, o cansancio físico e algúns momentos de desconexión, propiciaron un resultado demasiado abultado para o visto en terras de Ortegal.

INFANTÍS: Comezaron a Primeira Fase da Liga ante un dos trasatlánticos da categoría. O CD Narón non tivo compasión dun equipo infantil do Numancia que acudiu a este partido con varios alevíns de primeiro ano, que dan a cara sempre que o club o necesita.

FÚTBOL - 8: Os alevíns debutaron na Liga. O alevín "B" venceu nun compricado partido a domicilio ante o Neda "B". O alevín "A" venceu con claridade o Rápido de Neda en Prados Vellos.

Por outra parte, os alevíns, benxamíns e prebenxamíns participaron o domingo no Torneo do Ánimas nas instalacións de A Gándara. Alevíns e benxamíns tiveron o privilexio de xogar algún dos seus partidos no campo de herba natural. Asímesmo, todos os equipos do Numancia poideron medirse con algúns dos equipos de referencia naa zona de A Coruña,como o Victoria CF, Ural CF ou SD Calasanz. Gran día de convivencia para toda a familia do F8 do Numancia en Ferrol. Agradecemos a SRD Ánimas a invitación ao seu Torneo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.