PREVIA XORNADA 17 SETEMBRO 2017

VIAXES, XUVENÍS EN ARES E DEBUTS EN COMPETICIÓN

 
Nova fin de semana de competición para os nosos equipos. Os modestos e os cadetes terán que facer quilómetros ata Vilaboa e Cariño respectivamente. Os xuvenís, teñen o seu primeiro partido de Liga en Prados Vellos. Infantís e alevíns comezan a Liga. Ademais, todas as categorías do F8 participarán o domingo no Torneo da SCRD Ánimas en Ferrol.  
Ares, 14 de setembro de 2017.
 
MODESTOS: Na terceira xornada da primeira fase, xogarán a domicilio ante o Rosalía de Vilaboa. Campo complicado, de herba natural e dimensións reducidas o que agarda aos nosos xogadores no concello de Valdoviño. Os de Miguel e Antón atoparanse cun rival duro na súa casa, ao que intentarán vencer para conseguir a terceira vitoria consecutiva. Domingo ás 17:30 en Vilaboa.

XUVENÍS: Logo de comezar a primeira fase da Liga cun empate en Miño, debutan en Prados Vellos na segunda xornada ante o CD Cariño. Os rapaces de Chemari e Cartelle buscaran unha vitoria na casa para facer bo o empate a domicilio, e desta maneira ir situándose en boas posicións para acceder o grupo forte da Liga. Será o sábado ás 16:30 en Prados Vellos.

CADETES: Despois dunha vitoria e unha derrota nas dúas primeiras xornadas da primeira fase da Liga, os rapaces de Juan Alberto afrontan un dos desprazamentos máis longos da temporada. Xogarán o venres ás 18:30 no Municipal de Cariño.

INFANTÍS: Despois dunha longa pretemporada, os rapaces de Paulo e Tony terán que madrugar para disputar a primeira xornada da Primeira Fase da Liga. Xogarán o sábado ás 10:00 no Cadaval (Piñeiros) ante o CD Narón.

FÚTBOL - 8: Os dous equipos de alevíns do Numancia comezan a Liga, e os dous xogan ante o Neda.  O venres as 18:30 en Ares (Numancia - Neda "B) e no Municipal de Neda (Neda - Numancia "B"). Por outra parte os alevíns, benxamíns e prebenxamíns do Numancia participaran o domingo no  Torneo da SCRD Ánimas que congregará nas instalacións de A Gándara a conxuntos de Ferrolterra e A Coruña.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.