Inicio Noticias Xerais ANÁLISE DA XORNADA DO 10/9/2017
 
 

ANÁLISE DA XORNADA DO 10/9/2017

BOAS VIBRACIÓNS

Retomamos á análise de cada xornada na web do Numancia. Comezou a competición, cos modestos marchando vento en popa. Inicio con empate para os xuvenís e derrota dos cadetes. Éxito total no IX Memorial Pedro García Vilar.

Ares, 12 de setembro de 2017.

Fagamos un repaso do sucedido esta fin de semana nas categorías do Numancia:

MODESTOS: Na segunda xornada da primeira fase, conseguiron derrotar en Prados Vellos a un rival correúdo e moi ben organizado como o CD San Sadurniño. Dúas vitorias en dúas xornadas que serven para coller moral e situarse en boa posición de cara a acceder ao grupo dos mellores. Pero isto non fixo máis que comezar e aínda queda moita tea por cortar...

 

XUVENÍS: Viaxou con baixas a Miño o equipo xuvenil para iniciar a primeira fase da Liga. Conseguiron traer un empate do Municipal de Gallamonde. Un punto que soubo a pouco na expedición numantina, xa que erraron moitas ocasións de gol, entre elas un penalti.

 

CADETES: Un cadete moi minguado sufriu unha goleada ante un Amistade Meirás que demostrou en Prados Vellos que será un dos candidatos ao título de Liga cadete. Por sorte os numantinos, contan con tres puntos conseguidos no primeiro partido en Neda. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡

 

FÚTBOL - 8: Os dous equipos alevíns, o benxamín e o prebenxamín participaron no noso Torneo de Fútbol - 8. Primeiras patadas ao balón dos nenos nesta temporada, nun Torneo que foi unha auténtica festa do fútbol base da bisbarra.

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.