IX TROFEO PEDRO GARCÍA. CRÓNICA FINAL

 CAMPIÓNS:G. CARANZA, G. MUGARDOS, NUMANCIA.

Disputouse o venres 8 e o sábado 9 de setembro en Prados Vellos, o IX MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR, Torneo de Fútbol - 8 no que o Numancia rende homenaxe

ADR NUmancia de Ares. IX Memorial Pedro García Vilar 2017. Fútbol 8. Prados Vellos. 8 y 9 de Septiembre de 2017.Ares, 11 de setembro de 2017.

... cada ano a un dos seus alma máter e unha das figuras máis emblemáticas e recoñecidas do deporte aresán.

No aspecto deportivo, comezamos co repaso pola categoría dos máis pequenos, os prebenxamíns. Numancia, Galicia de Caranza, Meirás CF e CCRD Perlío disputaron na tarde do venres unha liguiña entre os catro. Caranza e Meirás clasificábanse para a final do sábado, o Numancia recibía o trofeo como terceiro clasificado e os nenos do Perlío recibían medallas e agasallos pola súa participación. Na final do sábado, clara vitoria do Galicia de Caranza ante o Meirás para proclamarse campión do Torneo.

ADR NUmancia de Ares. IX Memorial Pedro García Vilar 2017. Fútbol 8. Prados Vellos. 8 y 9 de Septiembre de 2017.En benxamíns, había un grupo de 4 equipos e outro de 5 conxuntos. No grupo "A, Ánimas e Galicia de Mugardos "B" conseguían o pase ás semifinais, quedando por diante do Meirás e do Perlío. No grupo "B", o Portuarios dominaba o grupo. O segundo posto estivo moi disputado entre G. Mugardos, SD O Val e Numancia, conseguindo o pase ás semifinais os mugardeses. Completou este grupo un equipo da Escola do Fútbol do Rácing de Ferrol, que non conseguiu puntuar. Nas semifinais, vitoria clara do G. Mugardos ante o Ánimas e triunfo do Portuarios ante o G. Mugardos "B". Na final de consolación, clara vitoria do Ánimas ante o G. Mugardos "B". Na gran final, resultado de 1-1 entre G. Mugardos e Portuarios, proclamándose gañadores do Torneo os mugardeses na quenda de penaltis.

Nos máis maiores, os alevíns, o Torneo constaba de dous grupos de 5 equipos cada un. No grupo "A", dominio do Vitoria CF coruñés. O segundo clasificado foi o Numancia por diante dun G. Mugardos que o intentou ata o final. No grupo "B", claro dominio do Numancia "B". No segundo posto empate a puntos entre os ferroláns do R. San Pedro e do Ánimas, sendo estes últimos os que se clasificaban ao ter mais goles a favor. Nas semifinais, triunfo claro do Victoria ante o Ánimas e gran duelo da amizade entre Numancia e Numancia "B, con vitoria pola mínima para estes últimos. No terceiro e cuarto posto, clara vitoria do Numancia ante o Ánimas. Mención especial para a gran final entre o Numancia "B" e o Victoria. Gran duelo entre aresáns e herculinos cun 2-2 final. A lotería dos penaltis decidiu que o trofeo de campión fose para o Numancia "B" e o de subcampión para o vitoria.

ADR NUmancia de Ares. IX Memorial Pedro García Vilar 2017. Fútbol 8. Prados Vellos. 8 y 9 de Septiembre de 2017.     ADR NUmancia de Ares. IX Memorial Pedro García Vilar 2017. Fútbol 8. Prados Vellos. 8 y 9 de Septiembre de 2017.

En resumo, Galicia de Caranza, Galicia de Mugardos e Numancia "B" foron os campións do IX MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR. Pero a dicir verdade, foron campións todos os xogadores, adestradores, colexiados e afeccionados que participaron durante os dous días no Torneo. Bo comportamento en liñas xerais de todos e cada un deles. Soamente nos queda felicitalos a tod@s e emprazalos para a próxima edición do Torneo.

ADR NUmancia de Ares. IX Memorial Pedro García Vilar 2017. Fútbol 8. Prados Vellos. 8 y 9 de Septiembre de 2017.No aspecto social, dous días de festa en Prados Vellos. Festa do fútbol - 8 e de convivencia entre compoñentes de moitos equipos. Sesións de fotos e posibilidade de adquirir artigos personalizados grazas a Fotografía Vilalonga. Bocadillos e bebidas grazas ao traballo incansable do persoal da cantina. Facilidades para aparcar grazas ao bo traballo dos compoñentes de Protección Civil do Concello de Ares. Sorteos de ceas, vales de compra, e viño grazas a Restaurante A Casa Nova, Ferretería Sar, Deporte Base Betanzos Bodegas Vinos Ares. Zumes, froitas e e lacasitos grazas a Gadis. Animación musical grazas a Rubén, técnico informático do Concello de Ares que puxo a disposición do Numancia o equipo de son do concello. E por suposto o Concello de Ares, por facerse cargo das medallas do Torneo. A Concelleira de Deportes, Dª Alma Barrón, e o Alcalde de Ares, D. Julio Iglesias, participaron na tarde do sábado na entrega de trofeos e medallas aos nenos dos distintos equipos do Torneo.

En definitiva, gran traballo en equipo para que todo saíse ben no Torneo. Un exemplo dese traballo foi o dalgúns xogadores cadetes e infantís do Numancia, que xunto aos seus amigos e amigas estiveron todo o Torneo recollendo balóns, preparando e repartindo as botellas de auga para os equipos, vendendo as rifas... Tamén gran traballo dalgunhas nais que axudaron na limpeza do campo de fútbol. Porque xuntos somos máis fortes, e porque Pedro García non merecía menos. Ver a un grupo de directivos, adestradores, xogadores e voluntarios traballando a reo para honrar a súa memoria, facendo que Prados Vellos inundárase durante dous días coa maxia dos nenos.

¡¡¡MOITAS GRAZAS A TOD@S¡¡¡

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Resultados e clasificacións

[ALEVÍNS]  [BENXAMÍNS] [PREBENXAMÍNS]

[GALERÍA DE IMAXES DO TORNEO]

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.