Inicio Noticias Xerais PREVIA XORNADA 10 SETEMBRO 2017
 
 

PREVIA XORNADA 10 SETEMBRO 2017

TRES DÍAS CHEOS DE FÚTBOL EN PRADOS VELLOS

Coa chegada de setembro, comezan as competicións oficiais e chegan tamén os Torneos de F8. 
Ares, 6 de setembro de 2017.
Este fin de semana teñen competición oficial os modestos, xuvenís e os cadetes. Os equipos de fútbol - 8, disputarán o noso Torneo, o Memorial Pedro García Vilar.

MODESTOS: 2ª xornada da Primeira Fase da Liga para o equipo de Miguel Carballeira e Antón. Despois da importante vitoria na primeira xornada en terras de Ortegal ante o Cariño, o primeiro equipo da entidade buscará refrendar ese bo inicio cunha vitoria ante un CD San Sadurniño que derrotou con autoridade ao X. Cabanas. O domingo ás 18:00, todos cos modestos no seu debut en Prados Vellos en competición oficial.

XUVENÍS: Logo dunha boa pretemporada, comeza a 1º Fase la Liga para o conxunto de Chemari e Cartelle. Os xuvenís numantinos, un equipo moi novo e con gran futuro por diante, comezará a temporada o venres ás 18:30 no Municipal de Miño ante o conxunto local.

CADETES: 2º xornada da Primeira Fase para o conxunto cadete do Numancia. Despois da vitoria da primeira xornada en Neda, os numantinos reciben o domingo ás 11:30 en Prados Vellos ao Amistade Meirás, un dos equipos chamados a loitar por grandes cousas. Os aguerridos cadetes do Numancia, coa axuda dos infantís buscarán complicarlle a vida aos de Valdoviño.

INFANTÍS: O equipo de Toni e Paulo continúa cunha esixente pretemporada para chegar nas mellores condicións posibles ao debut ligueiro, o sábado 16 de setembro en Narón.

FÚTBOL - 8: Os catro equipos do fútbol - 8 do Numancia, Alevín "A", Alevín "B, Benxamín e Prebenxamín disputarán o noso Torneo, o  Memorial Pedro García Vilar. Quedades todos convidados na tarde do venres e o sábado durante todo o día a subir a Prados Vellos e disfrutar co fútbol de nenos dende os 5 ata os 10 anos. Haberá xogadores de Ferrolterra, Miño e tamén da Coruña. Evento social mais alá do meramente futbolístico, para honrar a unha das persoas máis queridas no Numancia e alma mater do mesmo durante moitos antos. Cita ineludible para calquera bo afeccionado ao deporte aresán.

Como vedes, fútbol polos catro costados este fin de semana en Prados Vellos. Hai para elixir, dende a competición oficial dos maiores ata a pureza e inocencia do fútbol dos nenos.

¡¡¡Vémonos en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.