Inicio Noticias Xerais F- 8: INSCRICIÓN NO NUMANCIA
 
 

F- 8: INSCRICIÓN NO NUMANCIA

RESERVA UNHA PRAZA PARA OS TEUS FILLOS ANTES  DO MÉRCORES 30 DE AGOSTO.
 

Nalgunhas categorías quedan moi poucas prazas para completar o cupo.

 

Ares, 26 de agosto de 2017.

En colaboración co concello de Ares, a ADR Numancia ten aberto un primeiro prazo de inscrición para apuntarse na Escola Deportiva Municipal de Fútbol que rematará este vindeiro mércores, 30 de agosto. Todos aqueles que realicen a inscrición dentro deste prazo terán garantida unha licenza federativa que lles permitirá participar nas competicións organizadas pola Delegación de Fútbol de Ferrol.

 

As categorías de F-8 correspóndense coas seguintes datas de nacemento:

BIBERÓNS: 2012 - 2013 

PREBENXAMÍNS: 2010 – 2011

BENXAMÍNS : 2008 – 2009

ALEVÍNS: 2006 – 2007

 

E os horarios da actividade serán estes:

BIBERÓNS: Martes e xoves de 17.30 a 18.30 h. (Pavillón municipal)

PREBENXAMÍNS: Martes e xoves de 17.00 a 18.30 h. (Campo “Prados Vellos”)

BENXAMÍNS e ALEVÍNS: Luns e mércores de 17.00 a 18.30 h. (Campo “Prados Vellos”)

 

Todos aqueles interesados poden formalizar a súa inscrición na oficina do campo de fútbol “Prados Vellos” en horario de 20.00 a 21.30 h. de luns a venres.

Para obter máis información poden chamar ao 619990258.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.