CADRO TÉCNICO DO NUMANCIA EN F-8

INCORPORACIÓNS DE MANOLO COLLAZO E CHEMA

 
Manolo Collazo e Chema, dous veteranos ex-futbolistas veñen de confirmar a súa colaboración na formación deportiva dos nenos do Numancia.
Ares, 5 de agosto de 2017.
Sen dúbida algunha estamos diante dunha excelente noticia para a familia numantina, principalmente para os máis pequenos que serán os beneficiarios directos e poderán gozar da aprendizaxe futbolística xunto a Collazo (militou no Deportivo e R. Ferrol entre outros equipos) e Chema (tamén xogador do R. Ferrrol) que, xunto á súa sapiencia futbolística, reúnen unha calidade humana excepcional.
O proxecto do Numancia para o F-8 desta temporada 2017-18 baséase na formación dun cadro técnico que conxugue a experiencia e a xuventude, configurando un equipo de traballo onde o reparto de tarefas sexa o eixo das sesións semanais. Por tanto, monitores como Elías, Espiñeira ou Quique van continuar colaborando e aprendendo tamén xunto a veteranos. Sentimos non poder seguir contando con Marcelo ou Borja que, por motivos extradeportivos, non poden seguir no Numancia. E aínda nos queda Martín que participará na medida do posible (os seus estudos de INEF condicionan o seu tempo de lecer). De momento, o Numancia de F-8 xa vai perfilando o traballo de cara á vindeira temporada e seguramente completemos con algún outro monitor este cadro de formadores.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.