RECIBOS DE SOCIOS 2017-18

FAITE SOCIO DO NUMANCIA!

A ADR Numancia procederá proximamente ao cobro das cotas anuais dos socios do club que teñen domiciliado o seu pagamento nalgunha entidade bancaria.
Ares, 19 de xullo de 2017.
Próxima a comezar a temporada 2017-18 o Numancia debe tramitar as licenzas federativas dos xogadores das distintas categorías polo que debe afrontar un gasto importante. En consecuencia, solicitamos a máxima colaboración. Se aínda non es socio, esta é a ocasión de demostrar o apoio á sociedade; e se xa es socio, continúa unha temporada máis. 
Co fin de evitar calquera tipo de erros, agradecemos a comunicación das modificacións que puidese haber con respecto á temporada anterior, como poden ser desde o cambio de entidade bancaria ou do número de conta.
As comunicacións poden enviarse ao correo electrónico do Numancia: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ). Tamén se poden transmitir chamando aos seguintes números de teléfono: 981448121 – 619990258.
Por último, comunicamos que o importe da cota anual segue a ser o mesmo das últimas temporadas: 36 €. Coa recadación destas cotas dos socios, xunto a outras partidas económicas, a entidade pode afrontar  o mantemento dunha actividade deportiva e social que permite que 150 nen@s aresáns practiquen o seu deporte favorito ao longo da temporada. Por tanto, agradecemos e necesitamos todas as achegas da cidadanía de Ares. 
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.