PLAN COMPETICIONAL 2017-18 XUVENIL, CADETE E INFANTIL

CAMBIOS VOLANTES EN INFANTÍS

Inicio das competicións en Ferrol: xuvenís, o 3 de setembro; cadetes, o 10 ou o 24; infantís, o 3 ou o 24.
Ares, 11 de xullo de 2017.
O sistema de competición da Primeira Autonómica xuvenil da vindeira temporada presentado onte, e con carácter provisional ata o 31 de xullo, data última para a inscrición de equipos, fixa coma día de inicio da primeira fase, clasificatoria para a Liga e para as semifinais de Copa, o 3 de setembro.
Os 22 equipos divídense en 2 grupos, segundo a clasificación obtida na temporada anterior:
GRUPO A: Meirás, As Pontes, Mugardos, Narón, Maniños, San Sadurniño, Neda, Val B, Amistade Meirás, O Freixo e Portuarios B.
GRUPO B: Eume, Caranza B, Numancia, Portuarios, Cariño, Miño, Narón B, Perlío, Cedeira, Ortigueira e San Pedro.
Os primeiros seis clasificados de cada grupo formarán o grupo 4º e disputarán o título de Liga e as dúas prazas que dan acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega. Ademais, os dous primeiros clasificados de cada grupo obterán o pase para as semifinais de Copa.
 
Por outra parte, na Primeira Autonómica Cadete hai uns 25 equipos inscritos e a previsión é dividilos en 3 grupos. O Numancia está no grupo B e empezará a temporada o 24 de setembro.
 
E, finalmente, na Primeira Autonómica Infantil os 31 equipos poden dividirse en 3 ou 4 grupos, decisión que se tomará a finais de xullo. 
A novidade máis importante nesta categoría será (se se aprobase na Asemblea da Federación) a posibilidade de efectuar cambios volantes, como no F-8.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.