V CAMPUS DIEGO RIVAS

42 PRAZAS NO CAMPUS DE PORTEIROS DE ARES

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, presentou onte, na Casa da Xuventude do Concello de Ares, a  quinta edición do “Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”, que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de xullo, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.

Ares, 10 de maio de 2017.

ADR NUmancia de Ares. V Campus Diego Rivas. Ares 2017Reproducimos a nota de prensa enviada pola concellería de Deportes de Ares:

O Campus estará dirixido un ano máis polo porteiro Diego Rivas, cunha traxectoria en equipos profesionais españois como o Lugo, Deportivo, Elxe, Albacete, Tenerife, Eibar, e mesmo internacionais como o do Auckland City F.C., e que é na actualidade, gardamallas profesional no Real Club Murcia. É ademáis Diplomado en Maxisterio ca especialidade de E.Física, e será quen coordine un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia. 

Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).

Ao longo deses tres días poderán mellorar as súas habelencias como gardamallas a través de adestramentos específicos e adaptados a cada nível e idade. Así deste xeito nas xornadas do mércores, xoves e venres, en horario de 10 a 13,30h, e tamén na tarde do venres ta a clausura do Campus, desenvolveranse sesións de adestramento e formación a cargo de reputados adestradores.

Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do Campus, haberá tan só 42 prazas, que cubriranse por rigurosa orde de inscrición. O prazo para inscribirense estará aberto durante todo o mes de maio, ata rematar as prazas previstas, puidendo facer a inscripción durante ese período pola seguintes canles:

a.- Descargando o formulario a través da web do evento en www.campus.diegorivas.es . ( Unha vez cubertos os datos do alumn@ e preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo )

b.- Recollendo a folla de inscripción no pavillón deportivo municipal do Concello de Ares e entregándoa alí mesmo, puidendo facer o pago en ventanilla.

O prezo de inscripción é de 85 € ( 70 € para os empadroad@s en Ares ou xogadores das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR ou do Galicia de Mugardos, así como para 2 ou máis incripcións por unidade familiar), e inclúe:

- Equipación de portero consistente en guantes, camiseta y pantalón pirata de porteiro, serigrafiado co logo do Campus.

- Tentempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga, e lácteo ou zumo de fruta e bebida isotónica.

- Xantar do venres 7 de xullo e xogos acuáticos na praia de Ares.

- Diploma acreditativo.

- Sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores.

 

O campus estructurarase da forma que segue:

MÉRCORES 5: 

10h. Presentación e reparto de equipacións.

10,30h. Comezo dos adestramentos nos diferentes grupos de idades.

12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.

12,20h.Reanudación dos adestramentos.

13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.

13,30h. Remate. Ducha.

XOVES 6: 

10h. Distribución nos grupos e comezo dos adestramentos.

12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.

12,20h.Reanudación dos adestramentos.

13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.

13,30h. Remate. Ducha.

VENRES 7: 

10h. Distribución nos grupos e comezo dos adestramentos.

12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.

12,20h.Reanudación dos adestramentos.

13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.

13,30h. Remate da xornada matinal. Ducha.

14,30h. Xantar de alumn@s e profesores.

15,30h. Xogos na Praia.

17,30h. Batalla de porteiros.

19h. Clausura do Campus polo Alcalde do Concello de Ares, ca entrega de Diplomas e sorteo de agasallos entre os alumn@s.


Esta V edición do Campus Diego Rivas-Concello de Ares, contará coa colaboración de diferentes entidades e empresas, que fan posible o nacemento desta iniciativa deportiva que tratará de aportar o seu gran de area ao proceso de formación dos xoves futbolistas que gustan de ser porteiros, abordando dun xeito multilateral, a especificidade e especialización que a figura de gardamallas ten no contexto do fútbol actual, sempre dende unha vertente educativa.


MÁIS INFORMACIÓN EN www.campus.diegorivas.es. E tamén no teléfono 981468562 ( de luns a venres de 9 a 13 e de 16,30 a 22h; sábados de 10 a 13 horas)


 

Datos persoais do participante:

Nome e apelidos:_____________________________________

Data de nacemento:___________ Nº seguridade Social:__________________

Talla camiseta/pantalón:_____  Talla guantes:_____

Datos persoais dos pais/nais /titores:

Nome e apelidos:______________________________________________

Enderezo:____________________________________________

C.P:___________Localidade:______________Provincia:________________

Telefono de contacto:_______________Email:________________________

Autorizo a meu fillo/a para que asista ao campus de porteiros Diego Rivas. Faise extensiva esta autorización ás decisión médico-quirúrgicas que fosen necesario adoptar en caso de extrema urxencia, baixo dirección médica e renuncio a esixir responsabilidade alguna pola lesión que se puidera orixinar nas prácticas que se realicen no campus, que asumo na súa totalidade. Asimesmo declaro que non padece ningunha enfermidade, nin está a  recibir tratamento que lle impida participar neste campus. Indicar si existe alguna alerxia alimentaria ou a medicamentos:_____________________________________________


Asinado (Pai, nai ou tutor/a):  

Infórmase que os datos incluídos neste formulario, conforme ao previsto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal, formarán parte dun ficheiro automatizado responsabilidade do Concello de Ares con CIF: P1500400E. A finalidade do tratamento é a isncripción no campus. Poderá dirixir as súas comunicación e exercitar os dereitos de acceso, cancelación e oposición por correo postal a: Concello de Ares, Rúa Saavedra Meneses, nº12, 15624 Ares.

AUTORIZACIÓNS: - PARA A PUBLICACIÓN DE IMAXES DE NENOS E NENAS:

☐ Autorizo     ☐ Non Autorizo  

Datos da matriculación ( indicar sempre o nome e apelidos do nen@ participante):

□ Abono a cantidade de 85 € en concepto de participación no Campus ( 70 € empadroad@s en Ares ou xogadores dos equipos do Numancia ADR ou do Galicia de Mugardos SDC, ou no caso de 2 ou máis inscritos por unidade familiar).

Forma de pago: □Pago en ventanilla. 

□Transferencia bancaria:  No conta de Abanca ES10 2080 0226 61 3000045931.

 

Documento do Concello de Ares sobre o  V Campus Diego Rivas Ares 2017

Nota de prensa da presentación do V Campus Diego Rivas Ares 2017

Cartel do V Campus Diego Rivas Ares 2017


 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.