V TROFEO CONCELLO DE MUGARDOS DE F-8
PREBENXAMÍNS, BENXAMÍNS E ALEVÍNS DO NUMANCIA NA PEDREIRA
Semana Santa de F-8 na Pedreira cun total de 60 equipos entre os tres días: prebenxamíns (xoves, 13), benxamíns (venres, 14) e alevíns (sábado, 15)
Ares, 8 de abril de 2017.
Reproducimos o comunicado enviado polo Galicia de Mugardos, club organizador deste trofeo:
“Co obxectivo dunha óptima organización queremos recordar a obriga de reservar o xantar para todos aqueles equipos que o desexen, co fin de ofrecer o mellor servizo posible.
A organización non garante o xantar a aqueles equipos que non reserven previamente.
Os prezos serían:
Churrasco 6€.
Paella 6€.
Pizza 3€.
Empanada 3€.
Polbo 11€.
No aspecto deportivo, os equipos do Numancia quedaron todos incluídos no grupo D e cos seguintes equipos:
Prebenxamíns (xoves, 13 de abril): Eume, Val, Ánimas e Imperator.
Benxamíns (venres, 14 de abril): Eume, Ural, San Pedro e Betanzos.
Alevíns (sábado, 15 de abril) : Rayo Sadense, Ordes, Orillamar e UD.C. Sur (Valladolid).
Pódense consultar aquí todos os calendarios e normas do torneo.
Documento en formto pdf con as normas do torneo.
Documentos en formato pdf con os calendarios e cadros das categorías