TORNEOS DE CONVIVENCIA DE FÚTBOL-8 2017

O NUMANCIA PARTICIPARÁ NAS TRES CATEGORÍAS
Galicia de Caranza (alevíns), Cebarca (benxamíns) e San Sadurniño (prebenxamíns) serán os clubs que acollerán estes torneos.
Ares, 8 de abril de 2017.
Publicamos a información enviada pola Delegación de Fútbol de Ferrol:
“A Xunta Directiva da Delegación de Ferrol decidiu este xoves que as sés dos torneos de Convivencia desta temporada 2016/17 sexan estas:
Alevín: Galicia Caranza.
Benjamín: UD Cebarca.
Prebenjamín: CD San Sadurniño.
Todos os torneos se celebrarán 0 14 de Maio.
Ata o 17 de abril os equipos poderán notificar a súa NON participación. No caso de non ter recibida comunicación ao respecto, entenderemos que participan todos os implicados.
O sorteo dos grupos de competición levarase a cabo o próximo mércores 19 de abril, ás 11.30 h. (pola tarde a sala de xuntas está ocupada pola formación de adestradores).
Agradecemos a todos aqueles clubs que se postularon como aspirantes á organización dos torneos.”

Lembramos que no Plan Competicional desta temporada xa se indicaba que neste Torneos de Convivencia participarían só os equipos de determinados grupos:
Alevíns: os equipos dos grupos 1º, 2º, 3º e 4º.
Benxamíns: os equipos dos grupos 1º e 2º.
Prebenxamíns: os equipos do grupo 1º.
Por tanto, o Numancia poderá participar neste torneo nas tres categorias, ao estar clasificados todos os seus equipos no grupo 1º.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.