O alcalde destaca a "magnífica dedicación" de Pedro García Vilar na súa homenaxe, organizada esta tarde polo Concello

13 Setembro 2009
Pedro García Vilar, finado hai uns meses e uns dos maiores representantes e impulsores do deporte aresán, fundamentalmente do fútbol, xa ten unha rúa. E nada mellor que a que da acceso ao campo de fútbol de Prados Vellos, no que xoga o Numancia, clube ao que adicou unha grande parte da súa vida.

O alcalde, Julio Iglesias, acompañado polo grupo de goberno ao completo, participaron nesta homenaxe organizada polo Concello coa colaboración do Numancia, e ao que asistiron á familia – a súa nai, moi emocionada durante todo o acto- foi a encargada de destapar a placa co nome da rúa-, representantes e xogadores do clube de fútbol e amigos e veciños de Pedro García.
A emotividade e a lembranza á súa figura foron os principais protagonistas desta homenaxe, que tivo lugar despois do primeiro partido en casa da categoría de Afeccionados que enfrontou ao Numancia co Narahío. Iglesias asegurou que Pedro significouse pola súa “dedicación magnífica” e a súa entrega, ao tempo que lembrou que cada vez que subía ao campo de fútbol, entre moitas outras persoas, el estaba sempre.
Para o rexedor socialista, García Vilar era querido por todos e era unha persoa “entrañable”, “á que todos os mozos van lembrar durante moitos anos”. Así mesmo, subliñou que un pobo debe levar no seu recordo aos seus mellores fillos, tal e como fai agora Ares adicando unha das súas rúas a este aresán.
Antes de destapar a placa conmemorativa, o alcalde dixo que o nome da rúa é un xogo de palabras. Así, “Subida de Pedro García”, indicou, vén amosar o que foi verdadeiramente a súa vida, a do fútbol.

Fonte da noticia: Web do concello de Ares

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.