Inicio Noticias Xerais NON ÁS GOLEADAS.
 
 

NON ÁS GOLEADAS.

CHAMAMENTO Á CORDURA NO FÚTBOL BASE

O delegado federativo de Ferrol, Manolo Mesa, enviou a todos os clubs un comunicado solicitando a súa colaboración para que, na medida do posible, se eviten resultados escandalosos e humillantes nas competicións de F-8 e infantís.

Ares, 1 de decembro de 2016.

Ofrecemos o texto íntegro do comunicado:

“Buenos días. Os quiero mandar este correo para que todos nos comprometamos activamente en cuanto al tema de las goleadas y buscando entre todos la mejor competición en las segundas fases de las competiciones de infantiles y futbol 8 ( alevines , benjamines y prebenjamines).

En los planes competicionales ya va marcado que, para definir un título de liga, no va a ser necesario el número de goles. Para eso, esta Delegación y su Junta Directiva acordaron que, en caso de empate al final de temporada, lo primero que se tiene en cuenta es el resultado entre ellos y, en caso de empate, se jugará un partido de desempate. Con esta medida lo que pretendemos es que ya no se escude nadie que hay que meter goles para ser campeones. Por eso, os pido a los clubs que nos ayudéis en este cometido y hacer unas justas para todos  aunque es verdad que en esta segunda fase al competir cada uno en un 98%  en su categoría normalmente no se dan los resultados escandalosos. Por favor, os pido que se lo hagáis llegar a vuestros educadores para entre todos hacer una competición más humana.

 

Gracias a todos por vuestra colaboración.


Manolo Mesa, delegado federativo de Ferrol”.

Saudamos e aplaudimos esta iniciativa do noso delegado federativo. Por suposto que concordamos totalmente con esta proposta, encamiñada na liña da educación deportiva, unha faceta pendente non só en moitos monitores e adestradores senón tamén entre as nais e pais dos nenos. Entendemos que, por riba das normas e dos regulamentos, os responsables dos xogadores deben saber ver como evitar as goleadas humillantes, ou en todo caso, reducilas. Quizás o fútbol, sendo o deporte maioritario na nosa sociedade, aínda non alcanzou un máis que necesario aprobado na materia de educación deportiva. Por iso, todas as iniciativas e medidas que procuren unha mellora na convivencia e na práctica deportiva, son de agradecer.
 
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.